Adoración Riopedre Fernández, a veciña de Rúa que cumpre 103 anos, recibiu na súa casa do Abrigo ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares. O rexedor quixo achegarse a visitar á centenaria para felicitala polo seu aniversario, no seu nome e no de todo o goberno local, e aproveitou a ocasión para entregarlle un ramo de flores. Villares estivo conversando con ela, interesándose polo seu estado de saúde e desexoulle que seguise cumprindo anos “coa mesma enerxía e igual de guapa”. O rexedor, que leva varios anos visitando a avoa Dora, como a chaman os seus familiares, atopouna “tan vital coma sempre”.























Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



