Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ e no seu nome Jaime Cancio Rodríguez como portavoz de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no artigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elixidos nas eleccións por sufraxio universal.
EXPÓN:
Que por parte do Concello de Foz, procedeuse a selección de persoal laboral temporal das prazas de NORMALIZACIÓN LINGÜISTA, TRACTORISTA E CATRO PRAZAS DE PEÓN, segundo consta nas actas correspondentes do día 13 de xuño do presente ano.
SOLICITA:
Consulta de expediente do procesos selectivos mencionados.
Copia de escrito da Xunta de Galicia, de concesión ao concello de Foz, de unha axuda para Normalización Lingüística