O VINDEIRO 2 DE XULLO ARRINCA O RIBADEO MOZO, O PROGRAMA DE ACTIVIDADES QUE PARA NEN@S E MOZ@S ORGANIZA A CONCELLARÍA DE MOCIDADE. O PRAZO DE INSCRICIÓN ESTÁ ABERTO ATA O VINDEIRO VENRES, 22 DE XULLO.
Ribadeo, 19 de xuño de 2012. O vindeiro 2 de xullo darán comezo a meirande parte das actividades que organizan a Concellaría de Mocidade e a OMIX para @s nen@s e moz@s de Ribadeo durante o verán. No Ribadeo mozo haberá dous campamentos urbáns, torneo 3 x 3 de fútbol e baloncesto e tamén xogos para os máis pequenos.
Crea Ribadeo para nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos. Trátase de actividades de psicomotrocidade deseñadas específicamente para esta franxa de idade a través de xogos de contido físico e sensorial que potencien as súas habilidades musicais e a súa capacidade expresiva a través da dramatización. Crea Ribadeo desenvolveráse no colexio Gregorio Sanz do 2 ao 27 de xullo en horario de 10:30 a 13:30 horas. A inscrición pode facer ata o 22 de xuño na OMIX, ubicada na Casa da Xuventude. O sorteo das 50 prazas que se ofrecen para esta actividade será o 25 de xuño ás 9 da mañá. A cota semanal será de 20 euros.
A Concellaría de Mocidade organizou dous campamentos urbáns para este verán. O denominado Culturas do mundo está destinado para nenos e nenas de 1º e 2º de primaria. Será do 2 ao 13 de xullo en horario de 9:30 horas a 14 horas de luns a venres, agás os mércores que se fará xornada ininterrompida de 9:30 a 19:30 horas. A cota para participar neste campamento urbán é de 50 euros. Terá por escenario o colexio Gregorio Sanz e a inscrición pode facerse ata o 22 de xuño na OMIX. O sorteo das 70 prazas que se ofrecen terá lugar tamén o 25 de xuño ás 9 da mañá. O fío condutor deste campamento será a educación na solidariedade e a cooperación con pobos en vías de desenvolvemento.
Ribadeo e a arqueoloxía é o nome do segundo campamento urbán para nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos. Desenvolveráse en xornada completa no colexio Gregorio Sanz do 16 ao 27 de xullo. Ofértanse neste caso 70 prazas e a cota é de 120 euros. A inscrición, coma nos outros casos, está aberta ata o 22 de xuño e o sorteo das prazas será o 25 de xuño ás 9 da mañá. Desde a Concellaría de Mocidade apuntan que “neste programa converterémonos en Indiana Jones por uns días e coñeceremos como vivían os nosos antergos desde a prehistoria. Construiremos un caso (recreando o de Vilaselán ou A Devesa) e unha mámoa (como as do Mondigo) e a través de xogos de pistas e de orientación descubriremos os obxectos que compoñen os xacementos arqueolóxicos que garden este castro e esta mámoa”.
En todas estas actividades terán preferencias os nenos e nenas empadroados ou escolarizados en Ribadeo.
E os nenos e nenas nados entre os anos 1998 e 2005 disfrutarán do 2 ao 13 de xullo de torneos 3 x 3 de fútbol e baloncesto de 10:30 a 13:30 horas na praza de España. Para estas actividades non fai falla inscribirse.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



