ECONOMÍA E INDUSTRIA FOMENTA CON MÁIS DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS A
RENOVACIÓN CON LOUSA DAS CUBERTAS DOS EDIFICIOS DE VIVENDAS
Máis de 150 propietarios de vivendas unifamiliares e comunidades de veciños
poderán beneficiarse destas axudas que supoñen un 40% do total do investimento
subvencionable
O obxectivo deste novo programa é diminuír o gasto enerxético nestas construccións, co
conseguinte aforro económico, empregando este material de alta calidade
Santiago, 19 de xuño de 2012.- A Consellería de Economía e Industria vén de poñer en
marcha unha nova liña de axudas por máis de 1,5 millóns de euros coa que se fomenta
a renovación de cubertas de edificios de vivendas empregando como material a lousa,
para así diminuír o gasto enerxético nestas construccións, o que supón tamén un aforro
económico.
Poderían beneficiarse destas axudas, que cobren o 40% do total do custo subvencionable,
máis de 150 propietarios de vivendas unifamiliares e comunidades de veciños, que poden
presentar as súas solicitudes ata o 15 de xullo. Todas as actuacións de renovación de
cubertas deberán estar realizadas e pagadas entre o 1 de xaneiro deste ano e o 15 de de
novembro.
Coa creación desta nova liña de axudas que hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia, a
Consellería de Economía e Industria apoia ás familias na renovación das cubertas ao tempo
que fomenta a utilización da lousa, un produto natural que conta cunhas características
de impermeabilidade, incombustibilidade e alto grao de inalterabilidade tanto na cor como
na súa composición, que xunto coa súa resistencia mecánica, durabilidade e capacidades
illantes a converten nun elemento de gran calidade para o seu uso como material de
cubrición, contribuíndo así á redución dos consumos enerxéticos.
Entre os custos subvencionables, dun máximo de 70 euros por metro cadrado de cuberta,
inclúense ademais dos materiais, os custos de desmontaxe das cubertas existentes e de
montaxe das novas, así como os proxectos de arquitectura ou enxeñaría necesarios e os
custos de licenzas.
Ademais de contribuír ao aforro e a eficiencia enerxética, un dos eixos estratéxicos da
actuacón da Consellería, Economía e Industria aposta pola utilización da lousa, un producto
no que Galicia é líder, producindo máis do 45% da lousa mundial para cubertas segundo
datos do sector.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



