Desde o Grupo Municipal do Partido Popular quixéramos informar de que a XUNTA DE GALICIA financiará un asfaltado en quente dun tramo da estrada que vai desde a Igrexa de A Devesa a Noceda; o orzamento da obra ascende a 72.000 euros e inclúese no PEIM 2012 . O arranxo desta estrada é unha vella reinvindicación do Partido Popular de Ribadeo recollendo numerosas queixas dos veciños. Xa no ano 2011 esta estrada foi rebacheada contando coa financiación da Xunta de Galicia.