O goberno do BNG e do PSOE dende fai cinco anos caracterizouse pola subida de impostos, pola creación de novas taxas e pola falta de actitude democrática, sendo en algunhas areas un réxime absolutamente propio de ditaduras.
As advertencias do PP sobre a perigosidade dos obstáculos colocados no entorno da Fonte Vella e do Seminario “desgraciadamente” xa se materializaron
O PP denuncia que a pasada fin de semana un vehículo colisionou cun bloque de pedra situado na zona da Fonte Vella
Ante as criticas vertidas polo Alcalde mindoniense, o PP local recórdalle que “quen ten responsabilidade de goberno, a pesar de perder as eleccións, é el”,
Mondoñedo, 22 de xuño de 2012- En resposta a declaracións vertidas nos medios polo rexedor local, Orlando González, o Partido Popular de Mondoñedo recórdalle que é un dos poucos rexedores locais que a PESAR DE PERDER AS ELECCIÓNS DECIDIU ASUMIR A RESPONSABILIDADE DE GOBERNO. Un posto, que segundo os populares, debe desempeñar e “se non sabe, non quere ou non ten proxecto que deixe gobernar aos que gañaron as eleccións”. Mentres iso non suceda e tendo en conta a actitude antidemocrática e ditatorial que impera no seu mandato, o PP, por moito que lle moleste, informará aos veciños sempre das inversións e proxectos que desempeña a administración autonómica, que como puido verse esta semana NON discrimina a Mondoñedo, como a el parece que lle gustaría.
Os populares pídendelle a Orlando González que deixe de LAMENTARSE, e que traballe por Mondoñedo que para iso é o Alcalde. “Que asuma as súas responsabilidades, que se algo é certo é que desde que el goberna, vivir no concello e moito máis caro e máis incómodo”, explican dende o Grupo Popular.
O PP recorda que Orlando González leva 5 anos no goberno, e chega ao poder, na primeira etapa cando o seu partido, o BNG, na Xunta, –en época de bonanza económica–, era o responsable das áreas de maior interese para Mondoñedo. Dende o Grupo Popular recordan que escasa repercusión tivo para Mondoñedo, esta circunstancia, dado que, o bipartito dende que está no goberno, o maior proxecto que trouxo para a localidade foi a obra do entorno do Seminario e da Catedral, lonxe de cumprir as promesas do seu programa electoral e desoíndo as peticións dos veciños. Ante isto, o Partido Popular lamenta que a ineficacia do goberno local de Mondoñedo e a súa actitude autoritaria estea a converter Mondoñedo nun lugar caótico e perigoso para a circulación e, polo tanto, nun lugar incómodo para visitar e vivir. As advertencias do Grupo Municipal do Partido Popular en relación á perigosidade que supón o resultado final das obras acaecidas no entorno da Fonte Vella e do Seminario, “desgraciadamente” xa se materializaron.
Durante a fin de semana tivo lugar o primeiro impacto contra un bloque de pedra, supostamente con funcionalidade decorativa e de descanso, situado na zona da Fonte Vella, que os populares cualificaban de innecesario e inseguro. As obras no entorno do Seminario e da Fonte Vella converteron o lugar nunha zona chea de obstáculos, con grandes bloques de pedra e árbores, que dificultan o tránsito pola localidade.
Ante esta situación froito dun goberno autoritario que desoe as demandas dos veciños, o Partido Popular da localidade pregúntase polo número de sinistros que terán que acontecer no municipio para que Orlando González tome en serio as peticións manifestadas, tanto polo veciños como polo PP, en relación á retirada dos diferentes tipos de obstáculos na rúa.
O Partido Popular lamenta que o bipartito ‘despilfarre’ o diñeiro dos veciños en zonas recentemente arranxadas, pero, sobre todo, os populares manifestan o seu malestar ante o feito de que as decisións de Orlando González repercutan negativamente no día a día dos veciños mindonienses.
Ademais de converterse nun lugar perigoso para o tráfico, O PP local lembra que as obras no entorno do seminario e da Fonte Vella levaron consigo a prohibición de estacionar nesta localización. Unha decisión tomada por Orlando González sen consensuar cos veciños nin ofrecer alternativas ao respecto. O PP recorda que tralo rexistro de alegacións polos veciños, o rexedor sen marxe a reacción xa colou as sinais que prohiben aparcar.
Polo tanto, o rexedor local e o seu equipo de goberno ata o momento pouco pode presumir dunha xestión, segundo os populares, marcada polo eludir de responsabilidades.















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



