Barreiro explicou que no custoso camiño cara a recuperación, Galicia ten logrado situarse nunha posición máis avantaxada que a do conxunto de España que lle permite NON aplicar integramente as medidas que expón o Goberno de España para cumprir o obxectivo do déficit
O PP de Lugo explicará por toda a provincia o modelo político “responsable e exemplar” de Feijóo no combate á crise
Ningún pensionista galego terá que adiantar diñeiro para medicamentos: cando pague 8 euros, automaticamente, non pagará nin un euro máis.
A Xunta cumpriu o seu compromiso de non subir as taxas universitarias na primeira matrícula.
Galicia mantén o seu diferencial positivo e se sitúa por debaixo da media española de desemprego.
A pesar do contexto de crise e restriccións orzamentarias Galicia conta con máis escolas infantís, máis centros de terceira idade, máis apoios aos colectivos con dificultade, máis novas tecnoloxías na escola e mellor sanidade pública que co bipartito
Lugo, 29 de xuño de 2012.- O Presidente do Partido Popular de Lugo e portavoz do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro deu a coñecer hoxe, tras manter unha xuntanza de traballo coas Deputadas e Deputados Autonómicos desta formación política, o inicio dunha campaña que se desenvolverá por todos os concellos da provincia na que se explicará o modelo político “ responsable e exemplar” de Feijóo e a súa incidencia no combate dos efectos da actual crise.
Segundo o dirixente popular no custoso camiño cara a recuperación, Galicia ten logrado situarse nunha posición máis avantaxada que o resto das comunidades autónomas o que lle permite NON aplicar integramente as medidas que expón o Goberno de España para cumprir o obxectivo do déficit.
“Galicia anticipouse en austeridade, e puxo en práctica que a Xunta gastara o mínimo posible en si mesma e o máximo posible nos cidadáns. Galicia anticipouse na racionalización da administración paralela e no ámbito da disciplina orzamentaria, e hoxe, a nosa volveu a ser a comunidade con maior solvencia acreditada e menor déficit acumulado”
Segundo os populares este é o resultado da anticipación e a responsabilidade. “Pero non se confundan. Nin aceptamos a situación que viven as galegas e os galegos nin, por moito que a situación de Galicia sexa mellor que a do conxunto de España, nin nos consola nin, nos conformamos. Seguiremos traballando por mellorar e por manter ese diferencial positivo”.
MEDICAMENTOS
José Manuel Barreiro deu exemplos polos que Galicia atópase nunha mellor posición que o resto do Estado e lembrou por exemplo que en materia de pago de medicamentos ningún pensionista galego terá que adiantar diñeiro para o pago das súas medicinas como si acontece noutras comunidades autónomas. “Cando pague 8 euros, automaticamente, non pagará nin un euro máis. Galicia será a comunidade autónoma española onde se paguen menos medicamentos”.
SERVIZOS SOCIAIS
A pesar da crise económica e do déficit deixado polo PSOE a Xunta é quen de ampliar os servizos e os dereitos dos maiores. Así por exemplo, só na provincia de Lugo a Xunta de Galicia creou 372 novas prazas en residencias públicas e 110 en centros de día en distintos puntos da provincia. E agora mesmo ten outras dúas residencias en licitación”.
“Unha xestión económica austera e responsable permitiu ao actual Goberno de Galicia facer que a nosa comunidade conte hoxe con máis escolas infantís, máis centros de terceira idade, máis apoios aos colectivos con dificultade, máis novas tecnoloxías na escola e mellor sanidade pública que co anterior Goberno bipartito”.
EDUCACIÓN
A Xunta cumpriu o seu compromiso de non subir as taxas universitarias na primeira matrícula. “Mentres estudar noutras autonomías encarecerase notablemente, Galicia fai un esforzo para que as familias poidan enviar aos seus fillos á universidade ao menor custo posible”. Deste xeito Galicia seguirá sendo unha das comunidades coas taxas universitarias máis baixas.
No ámbito da educación non universitaria a nosa é unha das tres CC.AA con menos alumnos por profesor (9,7 de media) e despois da reorganización do horario docente, na actualidade as alumnas e alumnos galegos cada semana de curso teñen a súa disposición 60.000 horas máis de dedicación.
EMPREGO
Galicia mantén o seu diferencial positivo e se sitúa por debaixo da media española de desemprego. O actual Goberno galego non se vai conformar coa evolución do paro en Galicia, aínda que a comunidade teña un 4 por cento menos de paro que no resto de España e seguirá combatendo as causas que levaron ao conxunto de España a ser o país europeo con maior taxa de desemprego, grazas as políticas económicas dun Goberno PSOE e BNG estiveron apoiando durante 8 anos.
Conclueu Barreiro afirmando, que malia a crise económica na que vivimos, no conxunto da provincia lucense, este verán, increméntase nun 15% o número de socorristas contratados, atendendo ás peticións doutros concellos do interior para atender as piscinas. Destacou a iniciativa do Goberno Galego, quen este ano subvenciona a contratación de 109 socorristas para vixiar as praias da provincia, o que supón un investimento de 337.906 euros.
CONSELLO EUROPEO
Sobre o Consello Europeo, o Voceiro do GPP no Senado, calificou de positivo que Europa acepte a recapitalización directa dos bancos. Destacou Barreiro o protagonismo de Mariano Rajoy na Cumbre Europea e asegurou que gracias ás medidas que está adoptando o Goberno Central, España volverá a recuperar o prestixio internacional que nunca tería que haber perdido.
Ademáis o Voceiro dos populares no Senado, explicou que o acordó acadado hoxe en Bruselas permitirá que o préstamo para a banca española se xestione a través do Fondo Europeo de Estabilidade Financieira (FEEF) mentras os países da Unión Europea traballan para por en marcha un supervisor bancario único.
Na súa opinión, o Consello Europeo está mandando unha mensaxe clara e rotunda sobre o futuro da moeda única e destacou que a aposta de Europa polo crecemento, emprego, estabilidade dos mercados e un proxecto de maior integración reforzan tanto o proxecto europeo coma o euro.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



