LUGO ._ O atleta de 90 anos Julián Bernal ven de gañar o Campionato de España de Pista Cuberta, na modalidade de 3000 metros para veteranos. Pola súa banda, Francisca Romasanta (Viveiro, 1948) conseguiu a medalla de prata aos 800 metros e a de bronce nos 3.000 metros lisos na categoría feminina M60 do Campionato de España de Veteranos que tivo lugar en Zaragoza.
NOTA DE PRENSA
O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, e o delegado da Área de Deportes desta mesma institución, Antonio Veiga, recibiron este mércores no Pazo de San Marcos os atletas veteranos Julián Bernal e Francisca Romasanta. Bernal bateu, aos 90 de idade, a marca universal dos 3.000 metros en pista cuberta na categoría M90 no Campionato de España de Pista Cuberta que tivo lugar entre os meses de febreiro e marzo en Zaragoza. Pola contra, Romansata alzouse co primeiro premio do Campionato de España de Cross para veteranos na categoría M-60 o pasado domingo 8 de marzo en Albacete.
Na súa intervención, o vicepresidente da Deputación de Lugo resaltou a necesidade de potenciar a figura destes dous deportistas veteranos que conseguiron numerosos galardóns locais, autonómicos, estatais e incluso mundiais. Para o nacionalista, a case recén estreada carreira deportiva destes dous atletas “é todo un exemplo para a mocidade”. Por iso, Antón Bao lembrou que a Deputación de Lugo, e concretamente, a Área de Deporte “seguirá traballando en prol dun maior e mellor desenvolvemento de todas e cada unha das disciplinas deportivas practicadas ao longo da xeografía lucense”. Nesta liña, o delegado desta área, Antonio Veiga, lembrou “a existencia dun compromiso firme, adquirido coas asociacións, entidades e clubs deportivos de Lugo para contribuír no seu labor de formación ou dinamización do deporte en todos os eidos”.
Na recepción, e acompañando os dous deportistas, tamén estiveron presentes o director da Sociedade Deportiva Egovarros de Viveiro, Francisco Fernández, outros directivos e adestrador do club, Xesús, fillo do marquista Julián Bernal. Na súa intervención, Francisco Fernández agradeceu o labor realizado pola Área de Deporte da Deputación en prol do fomento e promoción do atletismo entre todos os habitantes do Concello de Viveiro.
Os mellores na modalidade de pista cuberta e en cross
En canto a Julián Bernal, cómpre salientar que este galego de adopción dominou á perfección a proba do Campionato de España de Pista Cuberta para veteranos que tivo lugar en Zaragoza, percorrendo os 3.000 metros en 19 minutos 59 segundos e 60 décimas de segundo. Intre no que Bernal batía o récord mundial existente, datado en 2005, cando o estadounidense Fran Levine lograba un tempo de 23 minutos, 12 segundo e 354 décimas de segundo na mesma disciplina, categoría e percorrido.
No transcurso da conversa, o veterano atleta aseguroulle a Antón Bao que seguirá correndo “mentres poida” porque a práctica deste deporte mellorou notablemente a súa saúde física e mental. Ademais, Julián Bernal confirmou que participará, e tentará bater algunha marca máis, no XVIII Campionato Mundial de Atletismo para Atletas Veteranos que terá lugar entre o 28 de xullo e o 8 de agosto deste ano en Lahti (Finlandia). Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación loubou o traballo desenvolvido pola Sociedade Deportiva
O deportista Julián Bernal (Burgos, 1919) comezou a correr aos 76 anos de idade, data na que finou a súa muller. Ata esa etapa da súa vida, o propio atleta foi quen recoñeceu que nunca practicara ningún deporte. Comezou participando en moitas carreiras populares organizadas en Galiza ata dar o salto aos Campionatos de España de Veteranos. De feito, no ano 2005, proclamouse campión do mundo nos 5.000 metros na categoría M85 en San Sebastián. Ademais disto, este atleta veterano mellorou tamén, a comezos deste mes de marzo, as marcas europeas e españolas de 800 e 400 metros respectivamente.
Pola súa banda, Francisca Romasanta (Viveiro, 1948) conseguiu a medalla de prata aos 800 metros e a de bronce nos 3.000 metros lisos na categoría feminina M60 do Campionato de España de Veteranos que tivo lugar en Zaragoza durante os meses febreiro e marzo do ano en curso. A maiores, a deportista de 60 anos de idade, proclamouse gañadora do Campionato Galego e do Campionato de España de Cross, na mesma modalidade e categoría, que tiveron lugar durante o mes de xaneiro e a primeira semana do mes de marzo respectivamente.
Un club e uns deportistas de primeira liña
A Sociedade Deportiva Egovarros creouse en Viveiro no ano 1992 coa intención de crear unha entidade que fomentase a práctica de diversas disciplinas entre os máis novos. Para iso, creáronse seccións de atletismo, fútbol sala masculino e feminino e duatlón. Aínda que na actualidade o club está composto por na súa maioría por deportistas veteranos, tamén participaron ou seguen a participar nas distintas competicións varios membros das categorías infantís e seniors.
No Campionato Galego de Cross de Veteranos 2008 o equipo feminino obtivo a terceira praza, ademais de 4 medallas de ouro nas categorías individuais masculina e feminina. Ese mesmo ano, o atleta Daniel Aguiar conseguiu o primeiro premio no Campionato Galego de Marcha, na categoría M60 e varios dos integrantes do Sociedade Deportiva Egovarros obtiveron 19 ouros, 7 pratas e 12 bronces no Campionato Galego de Pista Cuberta de Veteranos.






















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



