Os cervenses implícanse na separación dos residuos utilizando cada vez máis os contedores de recollida selectiva
-O ano pasado incrementouse o depósito de residuos nos colectores de vidro, plástico e papel e reducíronse as toneladas de lixo xenérico
-O programa de compostaxe doméstica que ten en marcha o Concello tamén contribúe a diminuír as toneladas de residuos que é necesario xestionar e tratar
Cervo, 7 de xullo de 2012-O Concello de Cervo fixo balance dos residuos recollidos no municipio durante o ano pasado, unhas cifras que revelan unha maior utilización dos contedores de vidro, plástico e papel e unha redución nas toneladas de lixo depositadas nos colectores xenéricos. En concreto, cabe destacar a importante caída na cantidade de desperdicios botados aos contedores tradicionais. En total os camións do lixo recolleron unhas 1.600 toneladas de lixo durante o 2011, un 1,74% menos que no 2010, o que supón 0,98 quilos de residuos por habitante e día. Un dato moi por debaixo da media galega, que se situou en 1,2 quilos.
Neste senso hai que ter en conta tamén a forza que vai collendo a compostaxe doméstica no municipio cervense, e que pouco a pouco vai influíndo na redución da bolsa negra. Nestes momentos son 73 as familias que practican a compostaxe de residuos orgánicos a través de composteiros achegados polo Concello, aínda que a pretensión do goberno local é seguir potenciando esta forma de aproveitar os residuos.
A diminución da bolsa negra tamén está directamente relacionada co aumento no número de residuos depositados nos contedores de recollida selectiva, especialmente o iglú verde para o vidro, o colector amarelo para plásticos e envases e o azul, para papel e cartón. “Lo normal es que conforme se incrementa la separación en el hogar, se reduce el volumen de la basura genérica” explica a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, “con lo que conseguimos un doble objetivo: que los residuos que se pueden reciclar y reutilizar no acaben junto al resto de basura genérica totalmente desaprovechados; y reducir el volumen de la bolsa negra, la de más difícil tratamiento”.
No caso destes tres contedores de separación de residuos rexistrouse un incremento medio durante o 2011 dun 5,4%. Analizando os datos por colectores, o de recollida de papel e cartón é o que máis crece, co depósito de 5,08 quilos por habitante e ano, un 9,5% máis que no 2010. En canto ao contedor amarelo, onde se botan plásticos e envases, cada cervense introduciu 7,06 quilos ao ano, o que indica unha subida do 4,74%. En canto ao iglú verde de recollida de vidro, cada habitante depositou 17,32 quilos ao ano, producindo unha subida do 2%.
“Las cifras demuestran que los vecinos y vecinas están cada vez más concienciados con la importancia de separar residuos” asegura Alonso. “Para el gobierno local es una satisfacción contar con habitantes tan responsables e implicados en la conservación del medio natural y que son conscientes de que la suma de sus gestos particulares tienen unas consecuencias globales muy beneficiosas en nuestra sociedad” remata a edil









Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



