O EQUIPO DE GOBERNO ASEGURA QUE FOI O PP QUEN BAIXOU DÚAS VECES O IBI NA SÚA ANTERIOR ETAPA NO CONCELLO. E ACUSA AO BIPARTITO DE DESPREOCUPARSE DE ACTUALIZAR O PADRÓN DESTE IMPOSTO, O QUE SUPUXO UN PERXUIZO PARA TODOS OS BURELESES.
Burela, 20 de xullo de 2012. O equipo de goberno asegura que foi o PP o que baixou o IBI dúas veces na súa anterior etapa no Concello, mentras que o bipartito só o fixo nunha ocasión. Os populares indican que PSOE e BNG se despreocuparon de actualizar o padrón do IBI, algo que perxudicou a todos os cidadáns de Burela. Deste xeito respostan ás críticas vertidas nas últimas horas desde o PSOE.
Desde o equipo de goberno sinalan que “sí hai un incremento nos recibos do IBI, pero trátase do mesmo incremento porcentual que houbo desde o ano 2006, exceptuando os dous anos nos que baixou o tipo impositivo, que xa está prácticamente no mínimo”.
Os populares explican que “a media do incremento do IBI é do 6%. Sí é certo que hai unha suba, pero dase pola propia aplicación da norma da administración do Estado, que non é de agora senón que xa leva tempo en vigor”. O equipo de goberno indica que “os pisos novos non pagan o mesmo que os vellos, háinos que superan a media de incremento e outros que son inferiores a esa media”.
O grupo popular lémbralle ao PSOE que “nos catro anos do bipartito despreocupáronse absolutamente de actualizar o padrón do imposto de bens inmobles. E así nos atopamos con algún edificio e algún piso que levando xa algún tempo construidos non estaban cotizando”. O equipo de goberno entende que “o bipartito terá que dar explicacións dos motivos que os levaron a non actualizar o padrón da contribución urbana e tamén terán que explicar por qué ese feito significou durante eses anos unha merma nos ingresos do Concello, algo que perxudicou ao conxunto dos cidadáns de Burela”.
Os populares subliñan que “os incrementos no IBI xa os había cando gobernou o bipartito en Burela, non sabemos de qué se estranan agora. Co PP no Concello de Burela baixóuse o IBI dúas veces e co bipartito tan só unha vez e a petición do noso grupo, do PP. Agora xa non hai máis marxe de maniobra para efectuar máis rebaixas”. Desde hai un ano o equipo de goberno estáse a preocupar por actualizar o padrón do IBI “para que non se cometa a inxustiza de que uns paguen e outros non”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



