Pequenos e adultos gozaron dun paseo de 5 quilómetros polas rúas de San Ciprián no Día da Bicicleta
-Antes de iniciar a marcha, os participantes comprobaron a súa axilidade e habilidade na bici cunha xincana que tivo lugar na Praza dos Campos
Cervo, 20 de xullo de 2012-Unha trintena de persoas, entre pequenos e adultos, participaron hoxe no Día da Bicicleta que organiza a asociación Península da Paz coa colaboración do Concello de Cervo. O punto de encontro da actividade era a Praza dos Campos, onde ademais estaba preparada unha xincana que incluía diversas probas de habilidade, coas que os deportistas puideron comprobar a súa soltura e axilidade. Todos eles achegáronse ata a praza coas súas bicicletas e os correspondentes equipos de protección.
Rematada a xincana, os ciclistas iniciaron a marcha pola zona urbana da vila, dende a Praza dos Campos en dirección á ría, dirixíndose despois cara A Veiga, máis tarde cara o porto para rematar de novo no lugar de saída. En total, nenos e adultos completaron un percorrido de cinco quilómetros a ritmo normal “ao tratarse dunha actividade lúdico-deportiva sen carácter competitivo co obxectivo de pasar unha tarde entretida e ao mesmo tempo practicar exercicio” asegura a edil de Deportes, Yolanda Pedreira.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
