A sesión vermú do domingo marca o remate da decimo sétima romaría do Monte Castelo en Burela. Un inusual fin de festa para a tradición da comarca.
Atrás queda unha fin de semana de catro xornadas de celebracións, o Monte Castelo cheo de xente que acampou durante os días festivos, que comezaron o xoves co día do o colesterol. Tamén houbo un concurso casetas, o sábado, con diversos premios.
Tras estas xornadas festivas, Burela recibe o mes de agosto coa celebración da feira do Bonito, que será o sábado, día 4, e feira Produart, feira de artesanía, ecoloxía e medio ambiente, que se prolonga dende o venres, día 3, ata o domingo, día 5.
Na xornada da festa do bonito empregaranse 3.000 quilos de bonito na elaboración dos pratos que se servirán. Agardan vender unhas 4.200 racións.
