
Representantes da familia propietaria da empresa "Hijos de Ramón Rubal" e todos os concelleiros da corporación de Alfoz
O sábado, día 11 de agosto, ás 20,30 horas, tivo lugar no concello de Alfoz un acto solemne. O Pleno do concello reuníase para entregarlle á empresa local “Hijos de Ramón Rubal” a Medalla do Concello de Alfoz por mor dos 75 anos de existencia que vén de cumprir.
O Salón de Plenos fíxose diminuto ante a cantidade de xente que acudiu ó acto, pois eran centos de persoas as que se achegaron. A concesión da Medalla foi acordada por unanimidade dos 11 concelleiros de Alfoz. O acto foi moi emotivo e a el asistiron familiares dos propietarios da empresa, traballadores actuais e xa xubilados da mesma, xunto cos seus familiares, amigos e simpatizantes da familia e moitos veciños máis.
Emilio Lousas, o Alcalde de Alfoz, pronunciou un discurso lembrando os moitos méritos adquiridos pola empresa ó longo dos seus 75 anos de historia e Luís Souto, en representación da familia propietaria, agradeceu a distinción e a asistencia de tantos amigos. A celebración prolongouse logo na mesma empresa, situada no barrio de Correlos, en San Pedro de Mor, onde os propietarios da mesma invitaron a todos os asistentes a uns pinchos.


























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



