Campaña captación socios tempada 2012/2013
A entidade S.D. XOVE F.S. inicia a súa campaña de captación e renovación de socios neste ano que se prevé complicado para todas as economías familiares, por este motivo o Xove FS decide non incrementar a súa cota de afiliación e continuar nos 30 Euros anuais, debido ás distintas dificultades ou necesidades dos nosos socios decidimos ofertar o fraccionamento do pagamento da cota nos seguintes prazos e coas seguintes cantidades:
-ANUAL Pagamento único mediante transferencia bancaria á conta do club,mediante ingreso en efectivo na conta do club por medio dos caixeiros ,mediante domiciliación bancaria ou, por último, entregando a cota en efectivo a calquera dos nosos directivos.
(a conta do club está na entidade “LA CAIXA” con número de cta.2100-4330-67-0200062505)
-SEMESTRAL: Mediante domiciliación bancaria cun custo de 18 Euros ao semestre.
-TRIMESTRAL: Mediante domiciliación bancaria cun custo de 10 Euros ao trimestre.
-MENSUAL: Mediante domiciliación bancaria cun custo de 4 Euros ao mes.
Nota: para os casos de domiciliación bancaria será necesario asinar o documento de autorización á devandita domiciliación que se lle facilitará neste documento ou na páxina web da sociedade: www.xovefs.es
Como sempre os socios da S.D. Xove F.S. terán á súa disposición descontos nalgúns dos establecementos que colaboran coa Sociedade, como por exemplo o GRUPO PIZZBUR COVAS onde os socios dispoñerán dun desconto dun 10% nos establecementos do grupo DEKADA Y PIZZBUR, CENTRO ÓPTICO XOVE e outros que están pendentes de concretar (que tamén poderán consultar na nosa páxina web).
Outra vantaxe que obterán os socios que teñan fillos e queiran gozar do CAMPUS DE FUTBOL SALA DA SD XOVE FS será un desconto de aproximadamente 10 Euros no custo do campus, ademais de descontos noutros eventos deportivos que a Sociedade organice.
Por último só queremos agradecer a todos os nosos socios e os futuros que queiran apoiar este proxecto todas as súas achegas, xa que sen esta colaboración non poderiamos facer crecer a nosa sociedade como temos previsto este ano (equipo feminino, equipo xuvenil e equipo cadete).























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
