O VINDEIRO LUNS, 10 DE SETEMBRO, TRATARASE EN SESIÓN PLENARIA EXTRAORDINARIA A PROPOSTA DA MESA DE CONTRATACIÓN DA XESTIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA. DIANA DURÁN DIXO QUE A MELLOR OFERTA FOI A PRESENTADA POLA EMPRESA QUE XA SE ENCARGABA DESTAS LABORES.
Burela, 6 de setembro de 2012. O vindeiro luns, 10 de setembro, ás 12 da mañá celebrarase unha sesión plenaria extraordinaria no Concello de Burela na que se abordará a proposta da mesa de contratación sobre a clasificación das proposicións presentadas polos licitadores no procedemento de adxudicación do contrato de xestión do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia. A adxudicación realizouse por procedemento aberto, multiplicidade de criterios de valoración e tramitación urxente mediante a modalidade de concesión.
En total presentáronse 4 empresas, 3 fixérono en tempo e forma e 1 fora de prazo, segundo os datos que esta mañá deu a coñecer a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán. A edil popular explicou que “das tres firmas que concorreron, dúas presentaron toda a documentación esixida correctamente e unha non acreditou a solvencia técnica. Ésta contou cun prazo legal de tres días para arranxar este problema, pero finalmente quedou excluída do concurso porque non presentou tampouco o certificado de ter prestado servizos públicos ou privados coma os que tería que realizar en Burela”.
Durán subliñou que “a mesa de contratación, por unanimidade dos seus membros, adheríuse ao informe técnico elaborado pola traballadora social do Concello. E despois de analizar e puntuar as dúas ofertas que presentaron toda a documentación correctamente será a empresa que xa estaba a prestar o servizo de axuda no fogar no Concello a que continúe a facelo. A súa foi a mellor oferta presentada e tamén a organización e planificación do traballo a realizar”.
Da mesa de contratación formaron parte o alcalde, a concelleira de Servizos Sociais, a secretaria municipal, a interventora do Concello e a traballadora social, e como secretario actuou un técnico administrativo.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



