Acondicionadas con rego asfáltico as vías provinciais de 58 Concellos co Plan de Rebacheo
– As actuacións desta iniciativa execútanse hoxe nos 237 quilómetros de estradas da Deputación en Alfoz, Abadín, Paradela, Monterroso e Portomarín
– O Plan rematará en 2 semanas logo de revisar outros 233 quilómetros provincias no Valadouro, Pol, Castroverde e Antas, e de actuar nos que o requiren
– Os 50 operarios e 32 máquinas despregadas para este Plan concluíron as súas actuacións no 90% da rede viaria luguesa, tras supervisar máis de 3.800 quilómetros
A Deputación executa hoxe o Plan de Rebacheo nas estradas provinciais de Alfoz, Abadín, Paradela, Monterroso e Portomarín. Esta iniciativa, posta en marcha polo departamento de Xestión Territorial, dirixido polo Deputado Manuel Martínez, consiste no acondicionamento con rego asfáltico dos puntos quilométricos que así o requiren. Para elo, este martes estanse a supervisar os 237 quilómetros de vías provincias, que discorren por ditos municipios.
Unha vez realizadas estas actuacións, nos vindeiros días, o organismo provincial fará o mesmo nos viales da súa responsabilidade no Valadouro, Pol, Castroverde e Antas, compostos por outros 233 quilómetros. Será nestes municipios onde a institución luguesa conclúa, nun prazo de 2 semanas, o Plan de Rebacheo tras levalo os restantes 58 Concellos da provincia.
Os 50 operarios e 32 máquinas despregadas para executar este proxecto xa actuaron nos máis de 3.800 quilómetros provinciais que discorren polos seguintes municipios: Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Ourol, O Vicedo, Vilalba, Muras, Xermade, Lourenzá, Barreiros, Trabada, Ribadeo, Foz, Mondoñedo, A Pontenova, Riotorto, A Pastoriza, Cospeito, O Corgo, Outeiro de Rei, Rábade, Baralla, Baleira, Meira, Castro de Rei, Lugo, Láncara, Sarria, Páramo, Guntín, Guitiriz, Friol, Begonte, Palas de Rei, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, Pedrafita, Cervantes, As Nogais, Becerreá, Courel, Samos, O Incio, Ribas do Sil, Quiroga, Bóveda, Pobra do Brollón, Sober, Pantón, Monforte, Carballedo, Taboada, Triacastela, O Saviñao e Chantada.
Deste xeito, a Deputación leva o Plan de Rebacheo a toda a rede viaria provincial, a máis estensa de España con 4.300 quilómetros, co obxectivo de mellorar as comunicacións nos 67 Concellos lugueses.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



