PROPOSTA DA ALCALDÍA EN RELACIÓN COA POSIBILIDADE DE SUPRESIÓN DE
SERVIZOS DO TREN DE FEVE, CON AFECTACIÓN Á COMARCA DA MARINA, E EN PARTICULAR
AO CONCELLO DE RIBADEO.
O Ministerio de Fomento do Estado, a través da súa xestión no Ferrocarril de Vía
Estreita (FEVE) vén de presentar hai poucas semanas unha proposta de recorte de servizos en
Caliza con efectos do vindeiro 1de outubro.
Estes recurtes, que afectarán sen dúbida aos vecinos da Marina, suporán unha
redución de un 25% en trens “rexionais”, así como de máis de un 40% en trens de Cercanías e
resultan especialmente sangrantes despois de coñecer o feito de que noutros territorios do
estado, como Cantabri e Euskadi, non se han recortar as Cercanías.
Entendemos que o ferrocarril público non debe basearse exclusivamente en datos
estadísticos de ocupación, pois tamén compre unha función vertebradora e social, xa que dada
a dispersión xeográfica por onde discorre, nalgúns núcleos de poboación é o único xeito de
transporte que se pode utilizar para desprazarse.
Como motivación política desta proposta o Presidente de Feve, Sr. Marcelino Oreja,
manifestou a intención de modificar a malla de servizos baixo a premisa de axustar a oferta á
demanda, cuestión dificultosa de entender esta, pois na práctica o que se pretende é suprimir
algúns dos trens con máis afluencia, como por exemplo pode ser o “rexional” que une Ferrol
con Oviedo e viceversa pola maná (supresión que trae consigo a imposibilidade de viaxar entre
Ferrol e Santander nun mesmo día)
Especialmente rechamante resulta o feito de que na Marina Luguesa e singularmente
en Ribadeo:
– Entre o 1 de outubro e oí de maio, época de invernó, non haxa ningún tren facendo o
traxecto entre Ribadeo e Xixón/Oviedo até as 18:18 horas e no traxecto entre Ribadeo e
Viveiro-Ferrol desde as 06:50 as 14:45 horas.
– Entre o 1 de xuño e o 30 de setembro non haxa ningún tren facendo o traxecto entre
Ribadeo e Xixón/Oviedo desde as 11:10 horas as 18:18 horas e no traxecto entre Ribadeo e
Viveiro-Ferrol desde as 11:12 horas as 18:17 horas, a pesares de ser época estival.
É evidente que de executarse esta proposta, como outras de anulación ou
precarización sistemática de servizos públicos, servirá para dispersar aínda máis a poboación
desta comarca conseguindo agravar as distancias entre cidadáns de primeira que viven ñas
cidades e cidadáns de segunda que viven ñas vilas e aldeas cada vez máis desvertebradas
Xa no tocante ao máis próximo, débese advertir que con esta proposta os
responsables de Feve eliminarán todos os servizos centráis da comarca da Marina no que ten
que ver con este tren durante o verán e o invernó, que afectan as persoas máis sensiblesen
recursos ou en capacidades,por exemplo de Ribadeo, ao impedir que se poidan desprazar ao
Hospital da Costa en Burela ou ao de Xarrio en Asturias, ou para que a xente vencellada co mar
poida ir facer os seus trámites a Celeiro ou na Policía Nacionalda Viveiro.
Como remate desta exposición de motivos compre dicir que hai poucos días, nunha
xuntanza entre alcaldesdas comarcasafectadas co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas, este asegurou que estas medidas ficarían suspendidas até abórdalas eos
responsables do Gobernó do Estado nunha data próxima.
Folga suponer que esta medida de “suspender” a aplicación desta proposta e evitar a
confrontación social por esta nova retallada non é máis que unha argucia electoral xa que en
escasas semanas hanse celebrar eleccións autonómicas, supoñendo que despois desta data,
neste aspecto coma neutros, o gobernó do estado continuará coa súa política de “matar
moscas a cañonazos” recurtando servizos públicos ou precarizándoos até tal extremo que se
faga inviable a súa xestión óptima.
Por todo isto proponse ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:
PRIMEIRO. Demandar da Dirección de Feve a anulación desta proposta de reducción de trens
ñas frecuenciasque máis afecten aos usuariosdo tren.
SEGUNDO. Que por parte dos responsábeis de Feve e do Ministerio de Fomento se inicie un
plano de mellora de infraestruturas coa construcción ou reubicación de paradas de tren en
lugares máis accesibles para os cidadáns/aspara asífomentar o transporte público.
TERCEIRO. Que as accións que se poidan efectuar no futuro para adaptar o tren aos tempos
que vivimos vaian sempre encarreirados para seguir realizando unha función pública, social e
para vertebrar unha comarca coma a nosa xa desvertebrada de por si a nivel de infraestruturas
de comunicación.
CUARTO. Trasladadles estes acordos ao Ministerio, Feve, Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas