O BNG CONSIDERA DEMOSTRADO QUE FEIJOO E RAJOY SON DOUS AUTÉNTICOS PERIGOS PÚBLICOS
Ana Ermida afirma que Feijoo non é de fiar pois botou tres anos mentindo aos mariñaos
Os nacionalistas presentan a súa candidatura en Ribadeo
A Mariña, 16 de setembro de 2012. As Catro Rúas de Ribadeo acolleron, na xornada de hoxe, un acto da campaña que os nacionalistas están a desenvolver na Comarca desde o mes de xuño baixo o título de “Futuro para A Mariña” e que serviu para presentar aos candidatos da zona nas listas do BNG polo circuscripción de Lugo.
Segundo Xavier Campos, que abriu o acto acompañado polos candidatos nacionalistas, polo Alcalde de Ribadeo e polo Responsábel Comarcal do BNG, “só A Mariña existe no programa e nas candidaturas do BNG, unhas candidaturas formadas por homes e mulleres cun compromiso e capacidade contrastada na defensa dos intereses da comarca, unhas candidaturas que son un espello da realidade territorial da Mariña, da súa sociedade, das súas loitas é dos seus problemas”. Xavier Campos, Concelleiro en Ribadeo, persoa vinculada ao movemento cultural, número cinco na candidatura do BNG pasou a nomear aos mariñaos que o acompañan na candidatura “no número tres Ana Ermida Igrexas, Licenciada en Direito, Xerente do GDR da Mariña e Concelleira en Barreiros; no número nove Xosé Paleo Rodríguez, veciño de Foz, traballador de Alcoa e membro do Comité de Empresa de Alcoa; no número once Marco López López, traballador da admistradción de xustiza e Portavoz Municipal en Xove; e no número trece Bernardo Fraga Galgo, arquitecto técnico e Tenente de Alcalde en Viveiro”. Asemade completan a candidatura como suplentes Dores Fernández Abel, ensinante do IES de Ribadeo e Portavoz da CIG-Ensino e Mario Pillado Mon, veciño de Burela, enxeñeiro químico e membro do Consello Comarcal do BNG.
Ana Ermida afirmou que “o tándem Rajoy e Feijoo demostraron, un na Xunta e outro no Goberno do Estado, que son dous perigos públicos. Un e outro que acederon ao Goberno co compromiso de rematar co paro amosáronse como dúas maquinas de destruír empregos, dúas maquinas de eliminar os servizos públicos básicos, de xeito moi notorio no ensino e na sanidade, até o punto de que a pervivencia do Hospital da Costa en Burela depende de que Feijoo sexa derrotado nas eleccións. Porque Feijoo e Rajoy preséntanse cun programa oculto, un programa que significa máis recortes, mais paro e desde logo proceder a reducir as pensións unha vez que rematen as eleccións após o 21 de Outubro”. “Ou os paramos ou acaban con nos”, continou Ermida, que chamou “a rescatar ao pobo o 21 de outubro, un rescate do que os mariñaos temos que ser protagonistas”.
A candidata do BNG indicou que “non nos podemos fiar nin de Rajoy nin de Feijoo, pois o un e o outro, no exerzizo do goberno non fixeron outra cousa que facer o contrario que nos prometeran nos seus programas eleitorais. Non son de fiar porque xa demostraron á xente que mentían”. Ana Ermida exemplificou a súa falta de palabra no acontecido coa suba do IVE, na perda do poder adquisitivo ou na reforma na laboral. “Menten máis que falan e néganse a darlle solucións aos problemas dos galegos e da comarca como vemos estes días coa súa posición en relación coa situación de Alcoa. É hora de que Rajoy e Feijóo poñan solucións enriba da mesa, pois está en xogo o futuro da Mariña. Perto de dous mil empregos directos, arredor do 30% do PIB de Lugo, o principal factor de anovamento demográfico da comarca, uns ingresos en salarios para os traballadores de mais de oitenta millóns de euros, unha actividade no sector servizos dependente da man de obra ocupada na factoría de San Cibrao e un sistema público que sería laminado coa coartada da deslocalización da empresa”, sinalou Ermida.



















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



