FERNÁNDEZ VALLE ASEGURA QUE OS XOGOS DO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO, ADQUIRIDOS POLO BIPARTITO, PRESENTABAN PEQUENAS DEFICIENCIAS QUE O EQUIPO DE GOBERNO TIVO QUE IR ARRAXANDO NOS ÚLTIMOS MESES. NA ADQUISICIÓN DO ÚTIMO TRAMO DO TOBOGÁN O CONCELLO INVESTIU PRETO DE 1.400 EUROS.
Burela, 17 de setembro de 2012. O concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, asegura que os xogos do parque Rosalía de Castro presentaban pequenas deficiencias que o equipo de goberno tivo que ir arranxando nos últimos meses. O edil popular lémbralles aos socialistas que “si o tobogán e o resto dos xogos fosen adquiridos a una subministradora española todo sería máis sinxelo e máis rápido, pero éstes foron mercados a una empresa austríaca. Eles saberán por qué”.
O Concello tivo que pagar 1.392 euros pola adquisición do último tramo do tobogán do parque Rosalía de Castro, “mentras que a man de obra foi posta tamén polo propio Concello, é dicir non houbo que pagarlle a unha empresa pola súa instalación”, segundo ven de subliñar o edil de Obras. Para Manuel Fernández Valle “todo sería moito máis sinxelo si ese tobogán e o resto dos xogos do parque fosen adquiridos en Galicia ou noutro punto do país, porque éste foi comprado polo bipartito a unha empresa austríaca, co que eso supón”. O concelleiro popular lembrou que “os xogos no parque Rosalía de Castro foron instalados no verán de 2009 e en abril deste ano xurdía este problema. Eles falan de supostos actos vandálicos, pero os xogos presentaban pequenas deficiencias que tivemos que correxir nós ao chegar ao Concello de Burela”.
Fernández Valle dixo que “a factura co destinado a este arranxo está a disposición dos socialistas para cando queiran consultala. Agradézolles as felicitacións e alabanzas e tamén que se preocupen polo estado dos parques infantís de Burela”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



