PRETO DE 16.000 ESTUDANTES DE EDUCACIÓN SECUNDARIA, BACHARELATO E ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL INICIARON HOXE CON NORMALIDADE O CURSO 2012-13 NA PROVINCIA DE LUGO
- Nas aulas de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) da provincia, 9.285 rapazas e rapaces comezaron as clases
Lugo, 17 de setembro de 2012.- Un total de 15.793 estudantes, segundo os datos provisionais, iniciaron no día de hoxe o curso 2012-13 clases en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e Ensinanzas de réxime especial nos centros educativos da provincia de Lugo.
Ademais a xornada de hoxe tamén ábrese para os ciclos formativos de Formación Profesional e nos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) que se imparten nos institutos de educación secundaria (IES) e nos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) de Lugo. Os datos de número de matriculados nestas ensinanzas coñeceranse nas vindeiras semanas, unha vez remate o prazo de matriculación de alumnas e alumnos na segunda adxudicación do período extraordinario de admisión
Neste sentido, cómpre lembrar que este curso implántanse de forma anticipada en toda Galicia 27 títulos de formación profesional, que responden ás cualificacións que demandan os sectores produtivos galegos, o que significa 2600 novas prazas na comunidade -máis dun 12% por riba do curso anterior-.
Educación Secundaria
Os 9285 alumnos que hoxe comezan o curso en centros lucenses que imparten ESO distribúense segundo a titularidade dos centros do seguinte xeito:
| Centros públicos | Centros privados non concertados | Centros privados concertados | |
| Lugo | 7.213 alumnos | 241 alumnos | 1.831 alumnos |
Nesta etapa educativa destaca un aumento do alumnado non nacionalizado español, que chega aos 776 alumnos, o que supón 102 alumnos máis que no curso precedente.
| 2011/2012 | 2012/2013 | |
| Lugo | 674 alumnos | 776 alumnos |
Bacharelato ordinario
Polo que respecta ao bacharelato ordinario, un total de 3327 estudantes comezaron no día de hoxe as clases na provincia. Destes mesmos, son 1670 os alumnos matriculados no primeiro curso do bacharelato. No segundo curso, son 1657 os estudantes matriculados na provincia.
Por distribución segundo a titularidade dos centros, a táboa é a seguinte:
| Centros públicos | Centros privados | |
| Lugo | 3.054 alumnos | 273 alumnos |
Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español aumenta lixeiramente respecto do curso pasado, pasando de 84 alumnos a 92.
Ensinanzas regradas de música
Para o curso 2012-2013, os datos provisionais de alumnado para as ensinanzas regradas de Música recollen 1167 matriculados en Lugo, dos 8147 totais cos que conta a comunidade galega. En base a se os alumnos estudan en conservatorios de música ou en centros autorizados, a táboa sería a seguinte:
| Conservatorios de música | Centros autorizados de música | |
| Lugo | 1.012 alumnos | 155 alumnos |
Outras ensinanzas regradas
En total son 353 os matriculados en Ensinanzas regradas de Danza e Arte Dramático para o vindeiro curso 2012-2013 en toda Galicia, dos que 192 corresponden a Lugo. Así mesmo, na provincia de Lugo tamén inician hoxe as clases 94 matriculados en ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño. Por último, o inicio do exercicio 2012-13 tamén supuxo o comezo das clases para os 22 matriculados en ensinanzas deportivas.
Ensinanzas de adultos
No que atinxe ás ensinanzas para adultos, os datos provisionais recollen que 1.706 estudantes deron comezo ao curso 2012/2013 na provincia de Lugo.
Por tipo de ensinanzas a distribución é a seguinte:
| Lugo | |
| Ensinanzas básicas nivel I e II | 114 alumnos |
| Ensinanzas de secundaria para adultos | 703 alumnos |
| Bacharelato presencial | 317 alumnos |
| Bacharelato semipresencial/distancia | 572 alumnos |





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



