A acción de goberno de Alberto Núñez Feijóo blinda os servizos públicos de atención a persoas con necesidades asistencias e garante a súa solvencia
Balseiro afirma que o Partido Popular na Xunta cuadruplicou o número de persoas con dependencia atendidas na Mariña lucense
O actual goberno autonómico ten feito un gran esforzo por mellorar os recursos e infraestruturas de benestar pese a que as circunstancias económicas e orzamentarias son especialmente difíciles.
Novas dotacións impulsadas polo goberno galego nesta coamarca son: a residencia para persoas maiores de Viveiro (150 prazas), a vivenda comunitaria de Alfoz (10 prazas) ou o centro de día de Lourenzá (30 prazas). En construción, en Cervo, unha residencia con centro de día (78 prazas), un centro para discapacitados intelectuais e os apoios ás iniciativas de ASPANANE e COGAMI
Mariña lucense, 26 de setembro de 2012.- O deputado autonómico e número tres da candidatura do PP na provincia de Lugo, afirmou hoxe que a Xunta de Galicia desde o acceso ao goberno do Partido Popular cuadriplicou o número de persoas con dependencia atendidas na Mariña lucense.
“A pesar de que socialistas e nacionalistas presumen do ámbito social, os datos demostran que nunca antes como agora foron atendidas tantas persoas maiores, ou con discapacidade, como consecuencia das políticas, fondos ou servizos promovidos pola Xunta. En consecuencia, o bipartito tivo unha xestión no ámbito de benestar decepcionante se a comparamos coa do actual goberno galego. Eles non foron quen de chegar a estes niveis de asistencia ainda a pesar de que gobernaron en tempos de bonanza e non de dificultade como os actuais”-dixo Balseiro.
NOVAS DOTACIÓNS
O deputado popular lembrou que tras tres anos e medio de xestión popular na Xunta, a nosa comarca dispón nunha nova residencia de atención a persoas maiores, a situada en Viveiro,con 150 prazas e 2,2 millóns de euros destinados ao seu mantemento anual -o das prazas concertadas- así como a creación dunha vivenda comunitaria de 10 prazas no concello de Alfoz ,ou o centro de día de Lourenzá (30 prazas)
En construción, co impulso da Xunta está tamén a residencia con centro de día para persoas maiores e dependentes de Cervo cun investimento global de 1,9 millóns de euros e 53 e 25 prazas respectivamente e os apoios á construción dun centro para enfermos mentais no que se teñen previsto investir 651.000 euros.
A todas estas cifras sumaríamos os apoios a distintas asociacións que traballan no ámbito da atención a persoas con necesidades especiais e os apoios as equipacións e axudas para a apertura de centros de día para discapacitados intelectuais como as que teñen sede en Burela (centro Suafonte), ou Mondoñedo (reforma do centro San Pablo e San Lázaro de discapacidade intelecual), Viveiro (apoios a ASPANANE, centro de día ocupacional) e Xove (máis de medio millón de euros para o centro ocupacional en fase de construción de COGAMI)
BLINDAR A ACCIÓN DO GOBERNO
Estes datos demostran que a acción de goberno de Alberto Núñez Feijóo serviu para blindar os servizos públicos de atención a persoas con necesidades asistencias e garante a súa solvencia e, todo iso, pese a que as circunstancias son especialmente difíciles
Ademais, multiplicando as infraestruturas sanitarias búscase que os dependentes aproveiten a rede de equipamentos e infraestruturas sociais postos en marcha polas administracións públicas, ofrecendo unha alternativa profesional ao coidado e atención destas persoas e ofrecendo unha alternativa fiable aos coidadores do entorno familiar.
“En Galicia, desde que chegou Feijóo, un 60% dos dependentes están situados en residencias e centros de día da Xunta. O gasto social ten, nestes novos equipamentos de benestar, os seus froitos”- conclúe Balseiro.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



