GONZÁLEZ BARCIA ANUNCIA QUE NAS PRÓXIMAS SEMANAS ENTREGARANSE AS ESCRITURAS DA URBANIZACIÓN DE TORRENTES. O REXEDOR DIXO QUE “ESTO É O PRINCIPIO DA FINALIZACIÓN DE TODO O PROCESO DA UNIDADE DE ACTUACIÓN”. E LEMBROU QUE O PP ADXUDICOU AS OBRAS, EN ABRIL DE 2007, E TAMÉN AS REMATOU, A FINAIS DE 2011, “AINDA QUE TIÑAN UN PRAZO DE EXECUCIÓN DUN ANO”.
Burela, 29 de setembro de 2012. O alcalde de Burela, José María González Barcia, xunto coa totalidade do seu equipo de goberno, compareceu hoxe en rolda de prensa nas inmediacións da zona verde da unidade de actuación de Torrentes para anunciar que “nas próximas semanas seránlles entregadas aos seus propietarios as escrituras das fincas resultantes do proceso de urbanización da unidade de actuación de Torrentes”.
González Barcia manifestou que “son moitos os propietarios que se interesan polas escrituras das súas fincas, polo desexo lóxico de contar cos títulos de propiedade”.
O alcalde engadiu que “a documentación que se lles entregará aos propietarios é a que resulta de asentar e inscribir as distintas fincas no rexistro da propiedade, un proceso que non é sinxelo e que levou o seu tempo, dado que desde o Concello se traballou coa idea preconcebida de que cando se entregaran as escrituras e os títulos de propiedade a documentación fose completa, para que o propietario non teña que facer máis que chegar á súa casa e gardar a escritura”.
Deste xeito, afirmou González Barcia, “comeza o principio da finalización de todo o proceso de reparcelación e urbanización da unidade de actuación de Torrentes, e teño que engadir que comprendo que tanto os propietarios coma o conxunto dos veciños se interesen pola posta en servicio da urbanización”.
O rexedor burelés indicou que “o proxecto de reparcelación foi presentado no Concello por dous particulares en 2005, e o Concello tivo que cumprir coa lei tramitando o indicado proxecto; logo elaborouse o proxecto de obras de urbanización, que logo da súa exposición ao público e distintos trámites podemos adxudicar as obras na miña etapa anterior como alcalde, en abril de 2007”.
Barcia dixo que “as obras tiñan un prazo de execución dun ano, co que deberían estar rematadas como moito a finais de 2008. Pero resulta que cando nós chegamos de novo ao Concello en xuño de 2011, as obras ainda non remataran. Rematámolas nós. Que cada quen saque as súas propias conclusións. Por algo falo de traballo cando falo de traballo”.
A unidade de actuación de Torrentes figura nas normas subsidiarias de planeamento do Concello burelés, aprobadas hai aproximadamente vintecinco anos, cando Burela pertencía ao concello de Cervo. Este documento urbanístico é o que ainda está en vigor, en tanto non se aprobe o Plan Xeral de Ordenación Municipal e cos condicionantes que este impón logo da súa aprobación inicial. A súa superficie é de cáseque cen mil metros cadrados, dos que a terceira parte está destinada a viales, e conta cunha zona verde de mil metros cadrados.
González Barcia dixo que “ainda que temos perfilado o traballo que nos tén que levar á recepción das obras e á apertura da unidade ao público e tráfico en xeral, o mesmo luns iniciamos esa nova e definitiva fase. Non quero aventurar prazos, porque hai que ser prudentes, pero confío que non tardemos tanto como se tardou en rematar as obras”.
O alcalde agradeceulle o traballo e a colaboración aos empregados municipales para sacar adiante o proceso do rexistro das fincas de Torrentes.


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



