Alcoa. Emprego e alternativas á tarifa eléctrica
O caso de Alcoa é outro dos exemplos da política de privatizacións dos gobernos do PSOE e do PP nos últimos 40 anos. A continua venda de empresas públicas rendíbeis, como as eléctricas e a antiga INESPAL levóunos ó escenario actual no que ambas solicitan a axuda do Estado, despois de termos privatizado o beneficio.
O presente da Mariña non se entende sen Alcoa, pero esta empresa non é a primeira nin a única en ter problemas económicos, que se estenden desde o agro á pequena industria e desde a pesca ao comercio. Por iso exiximos das administracións un plano dotado de fundos para desenvolver plenamente as capacidades de toda a comarca, un plano pensando no futuro da Mariña e non exclusivamente no presente imediato dunha das súas empresas. O problema real da nosa comarca é o desemprego. A Mariña xa viu desaparecer outras empresas que tiveran problemas no pasado que depois de intervencións das diferentes administracións finalmente acabaron pechando.
A proposta da Alternativa Galega de Esquerdas debe basearse en tres piares:
– Transparencia. As partes implicadas na resolución do problema deben manter unha total transparencia cara a cidadania, aclarando cal é o verdadeiro futuro da planta, informando sobre a viabilidade de modificar a “tarifa eléctrica” no actual marco normativo europeo, sobre os posíbeis custos para a sociedade das compensacións exixidas á súa vez polas eléctricas, das garantías aportadas por ALCOA ao respecto do mantemento ou incremento dos empregos e da rendibilidade económica e social global da súa presenza na nosa bisbarra, tendo en conta as axudas recibidas e os beneficios reportados pola súa actividade.
– Garantia de futuro: mais emprego e sustentabilidade. Calquera axuda acordada debe ter como contrapartida a sinatura dun plan de futuro no que se garanta non só a continuidade de hoxe senón tamén o incremento futuro no emprego. E ese plan deberá contemplar as modificacións que fagan a planta de Alcoa ambientalmente sustentábel, incluíndo a xestión futura da balsa de lodos tóxicos. A recuperación económica non valería a pena de acadarse se tivera que ser a costa da saúde e os recursos naturais que temos a obriga de deixar aos nosos fillos: iso significaria hipotecar o futuro da nosa comarca e o seu desenvolvimento económico.
– Non só mediar, senón intervir. A actuación das administracións ante a situación na Mariña non pode quedar na mediación entre Alcoa e a súa provedora de enerxía. No contexto de desemprego no que estamos, non podemos conformar-nos con manter os postos de traballo dunha empresa, senón que hai que tomar medidas para xerar emprego digno, estable e con futuro. Para iso, entendemos que o mellor camiño é investir os fundos dispoñibles en proxectos cooperativos ligados aos produtos autóctonos, contribuindo a unha economia diversificada e que permita o desenvolvimento de todos sectores produtivos e a creación de industrias e empresas de alta eficiencia enerxética que xeren produtos para consumo e servizos cercanos-comarcais.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



