A FESTA DA NÉCORA, QUE ORGANIZA A ACIA, CELÉBRASE EN FOZ OS DÍAS 12 E 13 DE OUTUBRO.
Foz, 5 de outubro de 2012. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz afronta o último trimestre do ano con diversas actividades. Os días 12 e 13 de outubro celébrase a festa da nécora. Máis dunha veintena de mesóns, bares e restaurantes ofrecerán tapas e racións deste exquisito marisco.
ACIA Foz retoma así en outubro as festas gastronómicas que organiza prácticamente todos os meses do ano. Xa en novembro voltará o Campañazo do bingo, que tan boa acollida ten entre a xente. En total sortearánse 1.500 euros en premios. “Cada venres de novembro haberá un sorteo dun premio único de 300 euros”, explican desde a directiva.
A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz ultima estes días a campaña do vindeiro nadal.