O PP dinamita a Lei de Costas para beneficiar a especuladores e contaminadores
5 de outubro de 2012. O consello de Ministros vén de dar o visto bó á polémica modificación da Lei de Costas que anunciara Cañete hai algúns meses. A Lei de Costas, aprobada en 1988, garantíu até o de agora a protección ambiental e o uso público do litoral fronte á especulación e os intereses dos grandes grupos inmobiliarios e industriais. Unha lei que en moitos casos, foi a última liña de defensa da cidadanía para salvagardar este patrimonio público fronte ás desfeitas, malia a que non poucas veces foron as propias administracións as principais promotoras do seu incumprimento. Agora o PP vén de desartellar por completo esta lei ao antepoñer os intereses privados aos públicos e condenar ao “ladrillo” a milleiros de quilómetros de costa, comezando polas rías galegas. Dende ADEGA, integrante da plataforma estatal “Non á nosa Costa” mantemos que defender as nosas rías, praias, dunas, cantís, coídos e xunqueiras, é protexer un ben común e garantir un futuro sustentábel para as comunidades que viven do litoral.
Porén, coa reforma aprobada polo actual goberno, favorécense os intereses privados en detrimento do ben público mediante a modificación do dominio público marítimo-terrestre (DPMT), a redución da servidume de protección e a ampliación do prazo das concesións. É xusto o que quería ENCE para botar outros 70 anos máis emporcando a ría de Pontevedra.
Para a plataforma “Non á nosa Costa”, esta modificación que aprobou o PP:
Dá a razón a particulares e empresas que perderon pleitos contra o Estado en relación á Lei de Costas.
Non menciona, e portanto ignora totalmente, os impactos do cambio climático sobre o litoral.
Supón a perda dos cartos públicos investidos na delimitación, recuperación e conservación do dominio público marítimo-terrestre que agora fica desprotexido.
Implica aumentar o gasto de cartos públicos en novos deslindes e indemnizacións dos que no seu momento sí acataron a Lei.
Amplía a concesión e os dereitos de explotación de 30 a 75 anos trasladando o problema da ocupación privada ás futuras xeracións.
Exclúe do DPMT ecosistemas importantes como as marismas mediterráneas, salinas, esteiros, certas zonas inundábeis así como as dunas que non estén en movemento (por certo hábitats prioritarios) perdéndose a servidume de protección de 100 m asociada a eles.
Exclúe aleatoria e discrecionalmente del DPMT núcleos urbanos e boa parte del litoral de Formentera sen argumentar nen dar motivos científicos polos cais foron son elixidos eses treitos de costa.
Desprotexe grandes treitos do litoral cantábrico e atlántico ao reducir de 100 a 20 metros a servidume de protección nas rías.
Permite declarar chan urbano na fronte litoral os dous años posteriores á aplicación da reforma, reducindo tamén a servidume de protección a 20 metros nestes treitos.
Supón traspasar terreos públicos a mans privadas, tanto por reducir a definición do DPMT como pola ampliación das concesións a 75 anos.
Dez motivos para defender a Lei de Costas
Nos últimos vinte anos, cada día perdeuse unha superficie de costa similar a oito campos de fútbol. A Lei de Costas non debe ser reformada, senón que debe ser aplicada correctamente porque:
Garante o uso público e libre da costa. Defender as nosas praias, dunas, cantís e rías é protexer un ben común.
É un seguro contra a especulación e contra a corrupción no noso litoral.
Salvagarda o valor económico do litoral. Unha costa ben conservada xera beneficios de uns 8.000 millóns de euros ao ano e máis empregos que unha costa degradada.
Asegura o bon estado do litoral. Unha costa saudábel é a base para a pesca e o marisqueo, xa que é o viveiro de especies cruciais para o futuro do sector.
Permite a instalación nas praias de establecementos, como restaurantes, terrazas, etc, sempre que cumpran a lexislación.
Apoia novos modelos de desenvolvemento turístico, investindo en reformar as infraestructuras existentes sen necesidade de construir outras nuevas.
Vela pola seguridade cidadá, evitando que se edifique en zonas perigosas por risco de enchentes ou temporais.
Evita que se produzca unha amnistía para aqueles que danaron o litoral.
Resposta ao esixido pola Unión Europea encol da transparencia urbanística e a loita contra a corrupción.
Conta con refrendo dos tribunais, que fallaron no 95% dos casos a favor do interese xeral general e non de intereses particulares.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



