O concello de Foz Duplicará o Servizo de Atención a Dependentes, de 25 usuarios a 52
O Tenente de Alcalde e Concejal de Asuntos Sociales, Manuel Pavòn, confirmou coa Consellerìa de Traballo e Benestar, o día de onte que se duplicarà o servizo de atenciòn a dependentes que está financiado pola Xunta de Galicia.
Pavón declara que, “No concello Foz pasaremos a asisitir dos 25 dependentes con Asistencia a Domicilio actuales a 52 en pròximos días”.
Unha suba de máis do 100 por cento respecto ao actual servizo.
O concello de Foz serà un dos que màis incremente a súa cobertura, porque tamén era un dos máis defavorecidos coa media autonòmica segùn se indica no informe de datos da Consellería.
O Concejal espera ademàis, que esta medida afectará tamén ao servicio básico de atenciòn a domicilio no que è probable que se corran as listas ao pasar moitos dos usuarios do Bàsico a Dependentes.
É intenciòn do concello ademàis cubrir a praza de persoal con unha interinidade, que queda libre para prestaciòn do Servizo Bàsico a Domicilio.
O concello de Foz seguirá traballando para mellorar os Servizos Sociales do Concello, aínda que despois desta suba o concello mellorarà moitìsimo a situaciòn respecto a pasados anos.
Comenta Pavón, que espera que aqueles que están todos os días nos medios criticando a falta de este servizo, saian agora agradecendo as xestiòns do grupo de goberno neste sentido” ainda que é probable que algùn se moleste porque ve que melloran as cousas no concello en tempos de crise profunda…
Esta medida duplicando a atención á dependencia, a suba a 20000 € das Axudas de emerxencia social máis a subvenciòn ao Asilo de 90000 €, fan que se dera nestes últimos meses en Foz o empuxón máis grande aos Servizos Socias do Concello nos ùltimos tempos.



















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



