O CONCELLO ACABA DE RECIBIR UNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA DE MÁIS DE 28.000 EUROS PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DIRIXIDOS Á POBOACIÓN INMIGRANTE. DIANA DURÁN ASEGURA QUE OS SERVIZOS SOCIAIS SEMPRE FORON UNHA PRIORIDADE PARA O EQUIPO DE GOBERNO MUNICIPAL.
Burela, 17 de outubro de 2012. O Concello acaba de recibir unha subvención da Xunta de máis de 28.000 euros para a realización de programas dirixidos á poboación inmigrante. A edil de Servizos Sociais subliña o apoio que a Xunta lle está a dar ao Concello burelés e ás entidades sen ánimo de lucro da vila.
Diana Durán indicou que “a Xunta de Galicia lle segue a brindar o total apoio ao propio Concello e ás entidades sen ánimo de lucro da vila”. A concelleira popular explica que “dende a administración local se solicitou, entre outras, unha subvención á Secretaría Xeral de Emigración para a realización de proxectos destinados ao asesoramento e á formación da poboación inmigrante extracomunitaria na comunidade autónoma galega, para este exercicio de 2012”.
A responsable de Servizos Sociais sinala que “Burela ven de recibir esta subvención por importe de 28.168,48 euros para o desenvolvemento de programas dirixidos ao Punto de Información e Asesoramento e para a formación na Aula de Adultos do Programa de Integración de Inmigrantes. Estamos moi satisfeitos porque se trata do 100% do solicitado”.
José María González Barcia, alcalde de Burela, constata que “con esta subvención da Secretaría Xeral de Emigración podemos seguir traballando sobre a realidade migratoria e a gran traxectoria da mesma ao longo de moitos anos no noso termo municipal. Esta subvención permítenos seguir apostando polo funcionamento do Programa de Integración de Inmigrantes, que conta cun equipo técnico que leva demostrado con creces a súa valía e profesionalidade para traballar por e para o colectivo das persoas inmigrantes”.
Diana Durán sinalou que “mentres a oposición adopta a actitude da mentira negando o traballo dos Servizos Sociais en Burela desde a Xunta séguese a prestar apoio ás iniciativas de carácter social, tanto ás que realizamos desde o Concello como ás que levan adiante entidades sen ánimo de lucro. Para mostra aí temos os 44.000 euros que recibiu o CIM de Burela, a subvención de 11.464 euros que nos concederon para desenvolver programas dirixidos á redución do abandono escolar, a recente apertura do Centro de Día de Discapacidade Intelectual da Fundación Eu Son, o incremento de horas de prestación do servizo de axuda no fogar de modalidade Dependencia, os distintos obradoiros das persoas maiores e das mulleres, a adxudicación da nova escola infantil, etc…os datos falan por si mesmos e a cidadanía debe coñecelos e valoralos”.
Alcalde e concelleira recordan que os servizos sociais “sempre foron unha prioridade para o equipo de goberno municipal e a mellor maneira de demostralo é con feitos, tal e como se está a facer”.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



