FERNANDO SUÁREZ ASEGUROU QUE O CONCELLO SE INVOLUCRARÁ NO CASO DUNHA VECIÑA QUE TENTA RECADAR FONDOS PARA SUFRAGAR UNHA INTERVENCIÓN OFTALMOLÓXICA, PERO SERÁ DESPOIS DE COMPROBAR A VERACIDADE DA SITUACIÓN.
Ribadeo, 24 de outubro de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, asegurou que o Concello de Ribadeo se involucrará no caso dunha veciña que tenta recadar fondos para sufragar unha intervención oftalmolóxica, pero será despois de comprobar a veracidade da situación e despois de ver que a sanidade pública non se fai cargo da operación ou non coa premura necesaria que esta persoa precisa.
Suárez Barcia fixo estas declaracións “dado o interese que espertou esta noticia nunha poboacion como a ribadense, sempre moi comprometida coa solidaridade, que é algo que nos loa a todos os vecinos e veciñas deste concello. Eu como alcalde manifesto que o Concello de Ribadeo tamén se vai involucrar, pero sempre despois de comprobar a veracidade da situación e que a sanidade pública non se faga cargo desta operación ou non coa premura necesaria que esta persoa parece que precisa”.
O rexedor dixo que “desde o Concello non podemos revelar datos que afecten á intimidade das persoas, pero lévase axudando desde hai tempo a esta familia noutras situacións e desde logo vaia por diante o noso compromiso, pero é moi importante que como institución temos que garantir que os posibles fondos públicos que se poidan utilizar nestas circunstancias estean convintemente xustificados”.
Fernando Suárez subliñou que “non queremos decir en absoluto que non vaiamos apoiar, senón todo o contrario, pero debemos ter acreditado técnicamente a situación extraordinaria onde a sanidade pública non se chegue a facer cargo e que teñan que acudir a unha vía estrictamente privada”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



