ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSA A MELLORA COMPETITIVA DAS EMPRESAS CON AXUDAS QUE SUMAN 3,5 MILLÓNS E PERMITIRÁN CREAR MÁIS DE 200 EMPREGOS
No programa de apoio á competitividade empresarial do Igape valorouse especialmente a creación de postos de traballo, sobre todo en colectivos de difícil inserción laboral
A avaliación incluíu tratamento preferente para as iniciativas a desenvolver nas provincias de Lugo e Ourense e nos concellos de Ferrolterra e Costa da Morte
Santiago, 26 de outubro de 2012.- A Consellería de Economía e Industria impulsa a posta en marcha de 132 proxectos que servirán para mellorar a competitividade das empresas galegas, a través dunha liña de axudas que suma 3,5 millóns de euros e permitirá a creación de máis de 200 postos de traballo.
Estes proxectos permitirán a realización de investimentos que superan os 13 millóns, en diferentes pemes galegas. As axudas destináronse a investimentos tecnolóxicos, mellora dos equipamentos e iniciativas de difusión como: congresos ou eventos expositivos de alcance internacional, encontros empresariais entre emprendedores e investidores privados e encontros ou xornadas técnicas para a difusión de instrumentos ou servizos relacionados coa mellora da competitividade.
No proceso de avaliación, valorouse especialmente a creación de postos de traballo, sobre todo cando favorecen a colectivos de difícil inserción laboral. A avaliación incluíu tamén tratamento preferente para as iniciativas a desenvolver nas áreas de influencia dos plans impulsa e dos programas de desenvolvemento específico dalgunhas zonas como: Lugo e Ourense e os concellos de Ferrolterra e Costa da Morte.
Deste xeito, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, continúa a dar prioridade á creación de emprego e ao desenvolvemento de proxectos de mellora da competitividade das pemes, que favorezan o equilibrio territorial en Galicia e a incorporación da innovación a procesos e produtos.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



