![]()
Derbi galego en terras asturianas
O primeiro Torneo Triangular de Castropol reunirá ao Burela Pescados Rubén e Azkar Lugo durante o parón ligueiro de Primeira División. Será o sábado 27 de outubro, no polideportivo da localidade asturiana de Varres, a partir das 19.00 horas. Tamén participará o conxunto anfitrión, CD Marino de Figueras, que compite en categoría provincial.
O conxunto burelense afronta este triangular minguado de efectivos, ás consabidas baixas de Edu e Juanma, recentemente operados, para este evento Xullo Delgado tampouco contará con Christian, Iago Míguez e Hugo que continúan co seu proceso de recuperación das súas respectivas lesións. Tampouco poderá tirar de canteira xa que o conxunto de Terceira División, dirixido por Iván Cao, tamén está limitado de xogadores debido a diversos contratempos e ten competición ligueira.
A convocatoria para este compromiso é a seguinte: Iago Barro, Dani Martín, Enrique Cánovas, André, Mimi, Nacho Pedraza, Diego Suárez, Cesinha.
O adestrador burelense espera continuar coa boa dinámica de traballo aínda que “tivemos que modificar un pouco a preparación xa que, por diversos motivos de lesións de maior e menor importancia, non foi posible dispor do persoal ao completo para traballar os obxectivos iniciais durante este parón. Incidimos en aspectos individuais, a nivel grupal traballamos pouco debido a esta diminución de efectivos”. Respecto da achega de Diego e Cesinha neste triangular indicou que “é unha boa toma de contacto para velos competir”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
