OS USUARIOS DO CENTRO DE REHABILITACIÓN PSICOSOCIAL DE “A MARIÑA” DE BURELA ASISTIRÁN A UN OBRADOIRO DE “ARTE FLORAL”
Mañá mércores, os usuarios do Centro de Rehabilitación de Burela da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”, asistirán a un obradoiro de “Arte Floral” , impartido por D. Fernando Quelle na Floristería Alecrín.
Esta actividade redundará na mellora terapéutica de tódolos participantes, no aumento da súa autoestima e na mellora da súa calidade de vida, xa que adquiren novos coñecementos, melloran e aumentan a súa formación curricular ademais de ter un contacto directo coas flores, elementos da naturaza que por si solos animan.
Asi un total de 20 rapaces do Centro de Rehabilitación de Burela vivirán unha nova experiencia, en contacto coas flores, descubrindo novos coloridos e técnicas de aprendizaxe para facer uns centros florais con encanto.
Ó rematar cada centro floral , cada un dos participantes poderá levar o seu. Con isto están entusiasmados, xa que hoxe cada un deles baraxaban diversas posibilidades para agasallalos .
Grazas a este curso, foméntase a cohexión do equipo, mellorando as habilidades sociais e a integración social e comunitaria.
Neste senso, a Directora Técnica Xeral de “A Mariña”, María José Nóvoa, agradece a colaboración a Fernando Quelle, que imparte este curso desinteresadamente sentíndose
moi sensibilizado co noso colectivo.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



