Os populares retan ao rexedor a que limpe inmediatamente a maleza que se acumula dende fai tempo xunto a varias vivendas de Ribadeo
Silvas, toxos e outras herbas silvestres rodean varias casas de Ribadeo
Os populares pediron en numerosas ocasións a limpeza desa maleza pero a situación sigue igual
Ribadeo, 7 de novembro de 2012.- Silvas, toxos, fieitos e demáis herbas silvestres, son as prantas que rodean varias casas que se atopan no círculo habanero, na zona do Rato de Ribadeo.
Vista esa decoración, non apropiada, e que pode resultar perigosa, o Presidente dos Populares de Ribadeo instou de novo ao rexedor ribairense a que envíe a brigada de limpeza ao lugar para eliminar toda esa maleza alí presente.
“Levo alertando dende fai moito tempo do perigo desta maleza. Ademáis de ser un criadeiro perfecto para diversos animais, coma serpes, no caso de producirse un incendio, o problema pode ser maior”-manifestou López Penabad.
O popular lembrou que anteriormente o propio Concello limpaba esas fincas e a continuación pasaba a factura aos correspondentes veciños, pero actualmente nin iso.
RESPOSTA AS DECLARACIÓNS DO SEÑOR BARCIA
O Presidente dos Populares de Ribadeo instou ao rexedor a que deixe de andar enmascarando a súa falta de rigor afirmando que as obras están solicitadas e incluidas en varios plans da Deputación.
“Paréceme moi ben que as obras estén solicitadas e incluídas no Plan. Polo tempo que levamos pedindo o seu arranxo xa podían estar máis que rematadas. Vai sendo horas de que se tome as cousas en serio, e sexa dunha maneira ou de outra, se poña a traballar para o arranxo das obras e deixe de botar balóns fora decindo que se “amañará a estrada en pouco tempo”. –manifestou Penabad.
Concluíu López Penabad afirmando que nin él nin o seu partido ten secuestrado a ninguén e si foi él mesmo o que fixo as declaracións foi porque no PP pensan o mesmo e calquera ten dereito a denunciar as pésimas actuacións do Señor Barcia. Algo totalmente contrario ao que acontece no BNG, quenes van por libre e nin eles mesmo se aclaran a qué corrente pertencen.


















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.



