O BNG DA MARIÑA PIDE MÁXIMA MOBILIZACIÓN PARA A FOLGA XERAL DO 14 DE NOVEMBRO
Antonio Veiga chama aos mariñáns a saír á rúa para manifestar o seu desacordo coas políticas neoliberais dos gobernos central e autonómico e demostrar que o verdadeiro poder está no pobo
‘Os cidadáns teñen que recordarlle a Feijóo que a maioría absoluta non é unha folla en branco e que non o lexitima para cambiar o programa electoral co que se presentou, como fixo na anterior lexislatura’
A Mariña, 7 de novembro de 2012. Antonio Veiga, responsábel comarcal do BNG na comarca, chama aos mariñáns a participar na folga xeral convocada para o vindeiro 14 de novembro en contra das políticas de recorte que están impondo os gobernos do Estado e da Xunta de Galiza.
“É importante –afirmou Veiga- lograr a máxima mobilización social para que se faga visible o rexeitamento dos cidadáns ás políticas neoliberais que está aprobando o Partido Popular e lograr paralizar a axenda de reformas previstas e que seguirán atentando contra os dereitos dos cidadáns e mermando o seu poder adquisitivo.’
Dende o BNG da Mariña consideran que ‘hai tantas razóns como persoas desempregados para secundar a folga xeral, máis de 26.323 razóns, unha razón por cada lucense en paro, ademais doutras tantas razón polos autónomos que sofren as consecuencias da suba do IRPF, polos mozos e mozas que non atopan emprego e teñen que abandonar o país, en total en 2011, 1.500 lucenses emigraron en busca das oportunidades que en Galiza e en España non atopan, polos gandeiros cuxas granxas pecharon ou están ao límite polo incremento do prezo dos pensos e a redución do prezo do leite, polos dependentes e maiores que deben pagar máis polas menciñas, polo transporte en ambulancia e que deixan de recibir servizos vitais para eles como a teleasistencia ou o servizo de axuda no fogar, así como polas familias que sofren o incremento o IVE. Sobran razón para manifestarse, o pobo ten que demostrar o que nel reside o verdadeiro poder.’
‘O 14 de novembro –concluíu Antonio Veiga- os cidadáns temos que dicirlle tamén a Feijóo que a maioría absoluta que conseguiu nas autonómicas do 21 de outubro, non son unha folla en branco para seguir facendo recortes e cambiar o programa electoral co que se presentou, algo ao que xa ten acostumados aos galegos e galegas porque foi o que fixo na anterior lexislatura.’




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



