Preto de 200 lucenses participan dende hoxe en cinco novas accións formativas da Deputación de Lugo
– 181 persoas comezan hoxe cinco novos cursos enmarcados no Plan Agrupado de Formación que a institución provincial pón a disposición dos empregados públicos da provincia
– Hoxe comezan A inserción sociolaboral de persoas desempregadas, Procesos informáticos en materia de xestión e recadación tributaria, Xestión Catastral, Incidencia da reforma laboral nas Administración Públicas, Aplicación da normativa de Seguridade Vial e Transporte en vías urbanas e mañá Ferramentas Web 2.0: redes sociais e profesionais
A Deputación pon en marcha hoxe unha nova quenda de cursos dirixidos a empregados públicos de Lugo, pertencentes ó seu Plan Agrupado de Formación, nos que participan preto de 200 persoas que prestan os seus servizos nas Administracións Locais da provincia.
Os cursos que hoxe arrincan son A inserción sociolaboral de persoas desempregadas, Incidencia da reforma laboral nas Administracións Públicas, ambos “on line”; a segunda edición do curso de actualización dirixido a membros das Policías Locais dos Concellos lucenses Aplicación da normativa de Seguridade Vial e Transporte en vías urbanas; Xestión catastral e Procesos Informáticos en materia de xestión e recadación tributaria. A excepción da formación dirixida ó corpo de policía, que se celebra nas instalacións que a Policía Local de Lugo ten na zona de San Fiz, o resto dos cursos presenciais terá lugar nas Aulas de Formación que a Deputación de Lugo ten na Rúa San Marcos.
A estes hai que sumar Ferramentas Web 2.0: redes sociais e profesionais, que se celebrará a partir de mañá nas Aulas do In Lugo, situadas nas rúa Frei Plácido Rei Lemos da capital lucense.
Estes cursos están abertos a todos os empregados públicos da provincia, entre os que esta formación ten, todos os anos, unha gran demanda. De feito, ademais dos propios do organismo provincial, hai traballadores procedentes de Concellos de toda a provincia, como é o caso de Foz, Guitiriz, Palas de Rei, Pedrafita, Pastoriza, Castro de Rei, Portomarín, Alfoz, Becerreá, Cervantes ou Lugo.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



