O CONCELLO ARRANXA UN VERQUIDO NO CAMIÑO DE FOXO QUE SE ARRASTRABA DESDE HAI UNS ANOS. O EQUIPO DE GOBERNO ATRIBÚE Á DESIDIA DO BIPARTITO NON TELO SOLUCIONADO ANTES.
Burela, 19 de novembro de 2012. O Concello de Burela está a solucionar “problemas herdados, algún de carácter medioambiental”, segundo aseguraron desde o equipo de goberno.
Os populares aseguran que “os problemas herdados de maior importancia son os económicos, pero hai outros que tamén teñen a súa importancia porque afectan ao día a día da vida das persoas”.
Concretamente, nas últimas semanas leváronse a cabo unha serie de pequenas obras para solucionar un problema de verquidos existente no Camiño de Foxo, nas inmediacións da Ponte de Pomeda. O alcalde, José María González Barcia, e o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, revisaron as obras, prácticamente finalizadas.
Desde o equipo de goberno indican que “os problemas de verquido nesta zona xa os había cando chegamos ao goberno municipal vai para ano e medio, problema que se reflectían periódicamente nas inspeccións que enviaba a Xunta”.
E engaden tamén que “non se acerta a comprender o motivo de non telos solucionado antes, porque o importe non é elevado; só cabe pensar na desidia e no sí, sí, xa veremos…, habitual durante catro anos”.
O equipo de goberno do Concello de Burela anuncia que “próximamente acometeremos outras actuacións en materia medioambiental que son necesarias e que levan tempo agardando por solucións”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



