O BNG CRITICA A ACTITUDE DO ALCALDE DE MURAS A RESPECTO DO PECHE DA OFICINA DE NOVAGALICIABANCO.
O BNG XA ALERTOU DA POSÍBEL PERDA DA OFICINA EN OUTRUBRO DE 2011 QUE O ALCALDE CONTESTOU CON INSULTOS
OS NACIONALISTAS DICEN QUE O PP TANTO EN SANTIAGO COMO E MADRID DEBERÍA DAR EXPLICACIÓNS DO QUE ESTÁ A PASAR CO DESMANTELAMENTO DAS CAIXAS GALEGAS
A Mariña, 22 de novembro de 2012. O BNG critica a actitude do alcalde do PP Issam Alnagm Azzam en relación có peche da oficina bancaria no Concello de Muras , lembran que o 5 de outubro do ano 2011 presentaron unha pregunta para ser contestada no pleno, onde lle pedían ao alcalde tomar unha serie de medidas para a defensa da oficina bancaria na vila xa que consideran os nacionalistas que esta é un pilar para o sustento da vida económica do Concello e que facilita a xeración de riqueza e a vida aos seus habitantes, a resposta do alcalde foi dicirlle ao portavoz do BNG que non sabía o que dicía e que se deixara de tonterías.
Dende o BNG de Muras queremos denunciar a hipocresía do Sr. Algnam Azzam que lles vende aos veciños que está coa defensa de Novagaliciabanco no Concello, máis este traballa con outras entidades bancarias que non se atopan na vila.
Os nacionalistas tamén consideramos culpable desta situación á Xunta de Galicia e principalmente ao seu presidente o Sr. Feijoo, que apareceu como valedor da fusión das caixas galegas cos seus antigos presidente, unha fusión que foi vendida á sociedade como a solución para o mantemento do aforro e o financiamento galego no país, cousa que á vista está non foi así e mais ben ao contrario como se está a demostrar tanto co fraude das preferentes como co peche deste servizo nos pequenos concellos do país. Neste mesmo carro metemos ao Goberno Central, xa que esta entidade está controlada polo FROB, entendemos que neste asunto o Partido Popular algo terá que dicir.
Dende o BNG defendemos a necesidade da permanencia da oficina de Novagaliciabanco na vila, xa que do contrario o Concello acabará por desaparecer, aínda que consideramos que a defensa dos intereses dos veciños e veciñas de Muras nestes intres está en entredito polo vacio de poder existente. Logo das continúas imputacións nas que se atopa incurso o actual rexedor Issam Algnam Azzam.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



