Logo de que o pasado venres os nove deputados lucenses tomaran posesión
Barreiro mantivo esta mañá a primeira xuntanza cos nove deputados Autonómicos para estudar a estructura de traballo
Contamos cun grupo sólido, maioritario e comprometido que coñece os problemas da provincia de Lugo e vai a traballar para solventalos
Neste momento no que estamos a vivir é necesario que dende a política se aborden solucións e non perderse en problemas internos
Lugo, 22 de novembro de 2012.- O presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, mantivo esta mañá unha xuntanza cos nove deputados autonómicos para perfilar o esquema de traballo.
Barreiro afirmou que a de hoxe, é unha continuidade do que o PP de Lugo ven facendo dende sempre, xa que periódicamente, os populares manteñen sendas reunións con distintos representantes da provincia (parlamento, congreso, senado…). Tendo en conta que o pasado venres tomaron posesión os nove deputados, o Presidente Provincial quixo manter, xa, un encontro cos mesmos para planificar a estructura de traballo.
O Presidente Provincial lembrou que os lucenses contan cun grupo de traballo formado por nove deputados cuxo obxectivo principal é traballar polos seus problemas e por facer posible as súas necesidades.
“Facelo desde esa posición de grupo que apoia o goberno, ao Presidente Alberto Núñez Feijóo pero comprometidos polos problemas da provincia e tratar de solventalos”-manifestou Barreiro.
Adiantou o líder dos populares lucenses, que unha vez conformado o novo goberno da Xunta de Galicia e a estructura das comisións levarase a cabo unha estructura máis detallada.
Nesta primeira xuntanza Barreiro afirmou que neste momento no que estamos a vivir é necesario que dende a política se aborden solucións e non perderse en problemas internos, algo que non ocurre no Partido Popular, manifestou.
Concluíu o Presidente do PP de Lugo asegurando que hai un grupo sólido, maioritario, comprometido que coñece os problemas dos lucenses e mostrouse convencido que vai a traballar para solventalos.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



