A Xunta recorre perante o Tribunal Supremo a sentenza do TSXG que lle dá a razón a Queremos Galego e elimina, por ilegais, os núcleos do decretazo contra o galego
Carlos Callón: “Mentres o conselleiro e o presidente da Xunta menten dicindo que o TSXG lles dá a razón, recoñecen que non é así ao recorreren ao Supremo”
“Galiza precisa un Goberno críbel”
Santiago de Compostela, 14 de decembro.- “As mentiras teñen as pernas curtas”, afirma o presidente da Mesa e portavoz de Queremos Galego para se referir a “como as accións que realiza a Xunta contradín de forma notoria a súa propaganda falaz a respecto das moitas sentenzas que está a emitir o TSXG sobre o decretazo contra o galego”. Así, na mesma mañá en que o conselleiro de Educación presumía sen pudor de que “oito sentenzas ratifican a validez total do decreto do plurilingüismo”, Queremos Galego recibía a notificación de que a Xunta presentou xa un recurso de casación contra esa sentenza, polo cal é presumíbel que vaia facer o mesmo coas outras sete que anulan por ilegais os eixos desta norma imposta polo PP.
Carlos Callón considera que “tanto Feijóo como o seu conselleiro de Educación lle fan moito dano a Galiza só polo mero feito de mentiren de forma reiterada, pois o país precisa un Goberno críbel”. Por iso, o portavoz de Queremos Galego sinala que “o Parlamento debería pensar seriamente en propor a tipificación das mentiras dunha autoridade pública”.
A plataforma Queremos Galego ten nestes momentos en andamento dúas iniciativas en defensa do galego no ensino. Por unha banda, convocouse unha manifestación para o vindeiro 27 de xaneiro, que sairá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago de Compostela. Ademais, animan ao conxunto da sociedade a se adheriren ao manifesto “Queremos galego na escola”, no cal se reclama a inmediata derrogación dun “decreto xuridicamente morto”: https://sites.google.com/a/queremosgalego.org/queremos-galego/home/manifesto-queremos-galego-na-escola-derrogacion-xa-do-decretazo























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



