OS SOCIALISTAS APOIAN A INICIATIVA PARA A RECUPERACIÓN DO PROGRAMA PREESCOLAR NA CASA E CONDENAN A SÚA RETIRADA POR MOTIVOS IDEOLÓXICOS
O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, descarta xustificantes económicas e inclúe esta decisión nos “axustes ideolóxicos” que os Populares están a facer en Sanidade, Educación, Xustiza ou Paradores
Pregúntase polos motivos que levan ao Executivo galego a rexeitar un modelo educativo de referencia, valorado na UE e fora dela
Santiago, 18 de decembro de 2012. O parlamentario socialista, portavoz de Educación, Vicente Docasar, ven de manifestar o apio dos socialistas galegos á Iniciativa Lexislativa Popular para a recuperación do programa Preescolar na Casa, impulsada por un colectivo que reuniu máis de 20.000 sinaturas.
Docasar salientou a labor que estivo facendo este programa educativo durante máis de 35 anos, contando coa mellora valoración tanto dos usuarios como das institucións que ao longo do tempo teñen colaborado con Preescolar na Casa.
Para o portavoz de Educación socialista, a decisión de deixar de apoiar esta iniciativa educativa se trata de “utilizar a crise para facer un axuste de tipo ideolóxico”, como xa están a facer os gobernos apoiados polos populares en materia de Sanidade, Educación, Xustiza, a Dependencia, e mesmo tamén en Paradores, “que diría don Manuel Fraga!”, ironizou Docasar aludindo ao fundador do PP e impulsor dos Paradores na súa etapa de ministro.
Para os socialistas Preescolar na Casa supuxo unha experiencia de atención á infancia orixinal, pioneira e vertebradora e cen por cen autóctona. Vicente Docasar lamentou que os responsables de deseñar a política socioeducativa deste país “non entenderan” este modelo educativo, considerado un referente fóra de Galicia e aquí tildado de caduco e obsoleto. “Que estudantes estranxeiros se interesen polo proxecto debera ser un orgullo”, recrimina o portavoz socialistas ao Goberno galego. “Se na Unión Europea e fora dela Preescolar na Casa é valorado, que razón hai para que aquí as autoridades non o valoren?, pregunta o parlamentario socialista.
As críticas socialistas incidiron tamén na “confusión de competencias” que existiu entre os departamentos de Traballo e Educación, asunto que a Xuízo de Docasar influíu na decisión para a supresión deste servizo. O parlamentario condenou a incomparecencia da titular de Traballo, Beatriz Mato, durante o debate da iniciativa e instou ao titular de Educación, Jesús Vázquez, a corrixir esta diversificación da política socioeducativa na conformación do novo Executivo
Sorprendeu ao deputado socialista “como se prescinde de todo o capital intelectual acumulado ao longo destes anos.
Docasar pedíu coherencia ao Grupo Popular, recordando as palabras que Manuela López e José Manuel Barreiro pronunciaran salientando a historia meritoria, de Preescolar na Casa, como proxecto que dera cobertura ás necesidades dos nenos en zonas e datas en que non estaba xeneralizado o ensino infantil e atendeu de xeito especial ás familias convertendo a pais e nais en verdadeiros protagonistas da educación dos seus fillos.
Por se estes argumento foran poucos, o voceiro socialista engadiu que atender a infancia é unha recomendación expresa do Comité de Dereitos do Neno de Nacións Unidas, que esta primeira etapa que cubría o programa é primordial no desenvolvemento dos nenos, que investir en servizos na primeira infancia implica menos gasto futuro para atallar situacións conflitivas no futuro.
Vicente Docasar condenou en nome do Grupo Socialista a perda de oportunidade de rectificar e ter en conta a opinión de miles de galegos. Reprochou ao Goberno galego gabarse de querer defender e apoiar o rural, “pero a meirande parte das medidas que levan a cabo van, xustamente, na dirección contraria”.




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



