NADAL NA PRAZA É UNHA INICIATIVA DA ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE VENDEDORES DA PRAZA DE ABASTOS RIBADENSE E O CONCELLO PARA POTENCIAR ESAS INSTALACIÓNS COMA O LUGAR ONDE FACER A COMPRA DIARIA E COMA UN ESPAZO DEFENSOR DA ECONOMÍA LOCAL. ATA O VENRES HABERÁ VENDA DE PRODUTOS DESTAS FESTAS E COCIÑA EN DIRECTO, ENTRE OUTRAS ACTIVIDADES.
Ribadeo, 18 de decembro de 2012. A praza de abastos de Ribadeo acolle ata o vindeiro 22 de decembro a semana denominada Nadal na praza co obxectivo de darlle máis vida a ditas instalacións, segundo aseguraba esta mañá o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor sinalou que “estamos presentando esta iniciativa que está a levar adiante este novo colectivo, a Asociación Profesional de Vendedores da praza de abastos de Ribadeo, coa colaboración do Concello e o apoio da Consellería de Economía e Industria. Con esta iniciativa que se chama Nadal da praza queremos promover a praza coma un lugar onde facer a nosa compra diaria, coma o templo por excelencia dos produtos frescos tanto de froita, como de carne, como de peixe, así como un espazo defensor da nosa economía local. E queremos facer unha maridaxe con outro tipo de produtos de artesanía de aquí de Ribadeo como panaderías, tendas ecolóxicos e de produtos naturais da comarca, ou mesmo o convento de Santa Clara”.
Suárez Barcia indicou que “estamos a facer unha semana de actividades, principiándoas no día de hoxe. Serán ata o 22 de decembro en horario de 10 da mañá a 14 horas. Haberá tamén cociña en directo feita por dous cociñeiros de renome en Ribadeo e un obradoiro de cociña creativa para os nenos e nenas deste concello e para os que queiran vir aquí”.
O alcalde ribadense engadiu que “queremos darlle máis vida a esta praza, estamos tentando fusionar, maridar outro tipo de establecementos para que entre todos o público atope a praza coma un punto de atracción para vir comprar ademáis dos produtos habituais outros de calidade”.
Hoxe xa se desenvolveu un mercado de gastronomía do nadal no que participaron as panaderías Trabada e A Plaza, a tenda ecolóxica Rego de Mel e o convento de Santa Clara. O xoves de 10 a 14 horas haberá un novo mercado de gastronomía do nadal no que estarán pastelería artesá Obradoiro, tenda Guidán, tenda-bar Amodiño e chocolates Moreno.
O venres, 21 de decembro, haberá cociña de nadal en directo a cargo dos cociñeiros locais Manuel López Valencia do hotel restaurante Voar e Miguel Angel González do restaurante A Dorada do Cantábrico. Será a partires das 12:45 da mañá. Unha hora despois haberá unha degustación do que eles preparen. E xa o sábado a partires das 12 desenvolveráse un obradoiro de cociña creativa para nenos e nenas a cargo de Susana e Antía.
O presidente da Asociación Profesional de Vendedores da praza de abastos de Ribadeo, Manuel González, dixo que “nesta primeira iniciativa queremos achegar á xente a nosa calidade, o noso produto e que non se perda o contacto e a cercanía coa clientela e o encanto das prazas de abastos. Queremos que siga a ser algo importante, porque de non ser así quedaríamos obsoletos”.






















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



