O VENRES TERÁ LUGAR O CONCERTO ACÚSTICO DE SÉS PARA TODO O ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO DE RIBADEO. SERÁ A PARTIRES DAS 11 NO CINE TEATRO.
Ribadeo, 19 de decembro de 2012. O vindeiro venres, 21 de decembro, terá lugar o concerto acústico con Sés, que se tivera que suspender o pasado 25 de novembro. A actividade está dirixida a todo o alumnado de 3º e 4º de ESO e á mesma acudirán un total de 256 rapaces e rapazas. O concerto acústico de Sés será no Cine Teatro a partires das 11 da mañá.
Formada na música e no baile tradicional, María Xosé Silvar (Sés) é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón. Despois de máis de 30 concertos por toda Galicia con Chámalle Xis! e logo de colaborar con grupos coma Zënzar, mítica banda rockera de Cereceda, con Xabier Díaz e Guillerme Fernández no seu disco Arrolos de Salitre no que interpreta Caneando ruainas, unha peza escrita nunha antiga xerga empregada polos canteiros ourensás. María Xosé Silvar emprendeu un novo proxecto no que ademáis das súas dotes interpretativas – torrente de voz espontáneo – amosa o seu talento como compositora.
No 2012 publica Admirando a condición, o primeiro disco de Sés (o nome «caseiro» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino. Ritmos americanos repensados en galego e en feminino, letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente enriba e debaixo do escenario.
Desde o CIM explican que “a súa formación en xénero, permitíralle impartir unha charla ao alumnado na que lles falará da súa experiencia como música, do papel das mulleres ao longo da historia na música, e das discriminacións que por mor do xénero sofren as mulleres no eido musical. Utilizará conceptos xerais sobre as diferenzas entre mozas /os para co fin de visibilizarlles a igualdade que ten que imperar nas relacións entre as persoas. A súa linguaxe fresca, fluída, directa e as veces irreverente e maleducada permítelle conectar co público adolescente facilmente. Ese vínculo comunicativo e empático que xera é o que nos posibilita que a transmisións dos valores da igualdade entre mulleres e homes teñan máis éxito que nun obradoiro ao uso”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



