O VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN VISITA O OBRADOIRO DO PROGRAMA ‘TEMPOS’ IMPARTIDO NA PARROQUIA DE OIRÁN (MONDOÑEDO)
“A posta en marcha deste proxecto supón un investimento de 200.000 euros, algo que contrasta coa política de recortes que está a levar o Partido Popular dende a Xunta de Galiza e o Goberno do Estado”
Un total de 24 asociacións mariñás, 7 de persoas con capacidades diferentes e 17 de persoas maiores, participan neste programa
Mondoñedo, 15 de xaneiro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable das Áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, visitou, esta tarde, no local social de Oirán, aos 15 veciños e veciñas desta parroquia de Mondoñedo, que logo de inscribirse no programa “Tempos”, están a acudir semanalmente á actividade de ximnasia xerontolóxica de envellecemento activo para persoas maiores que lles imparte un monitor da Fundación Balogal.
Co programa Tempos, no que participan un total de 24 asociacións mariñás, 17 delas de persoas maiores, dende a Vicepresidencia do ente provincial preténdese mellorar o benestar das persoas con capacidades diferentes e dos maiores dos concellos con menos de 5.000 habitantes, como é o caso de Mondoñedo, a través da realización de actividades físicas de intensidade baixa ou moderada, mediante xogos que contribúen a mellorar as capacidades motrices e cognitivas dos usuarios.
“Levar a cabo este tipo de accións na poboación do noso medio rural ten, ademais, unha importante compoñente cultural e de cohesión social, posto que permite ás persoas entrar en contacto, compartir experiencias e socializar, polo que tamén resultan moi importantes para evitar a inactividade e o despoboamento rural, reducíndose así, a fenda existente entre este medio e o urbano”, puntualizou o vicepresidente.
O colectivo das persoas maiores, que representa un alto porcentaxe da poboación da provincia de Lugo, é un dos que máis está a sufrir a política de recortes levada a cabo polos gobernos de Feijóo e Rajoy, posto que “a Xunta de Galiza eliminou a súa aportación ao Servizo de Aduda no Fogar Básico para os concellos con menos de 20.000 habitantes, que no caso da provincia de Lugo son todos menos a capital, e ao Servizo de Teleasistencia Domiciliaria, ao que hai que engadir o copago farmacéutico e o recorte nas prestacións de dependencia”.
Veiga insiste en que “fronte a estes recortes en políticas sociais, dende a Vicepresidencia da Deputación, coa posta en marcha do programa tempos, que supón un investimento de 200.000 euros, estamos demostrando que, aínda en tempos de crise, é posíbel levar a cabo unha política que aposta polos servizos sociais e, en definitiva, polo benestar dos cidadáns”.
“Este obradoiro impartido en Oirán é só un exemplo dunha das catro liñas de actuación do programa Tempos, posto que ademais das actividades dirixidas a maiores, o proxecto tamén contempla unha liña dirixida a persoas con capacidades diferentes, outra a mulleres, e unha máis de apoio ás tarefas administrativas das asociacións, traballando todas elas cara un obxectivo común: fomentar a calidade de vida e a igualdade de condicións con independencia da idade, a discapacidade ou o lugar de residencia”, concluíu o vicepresidente.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



