VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN CHAMA AOS LUCENSES A MANIFESTARSE O DOMINGO 27 EN SANTIAGO A PROL DO GALEGO NAS ESCOLAS
Lugo, 18 de xaneiro de 2012. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo convida a toda a sociedade lucense a participar na mobilización organizada pola plataforma Queremos Galego convocada, para o vindeiro domingo 27 de xaneiro, en Santiago de Compostela, na defensa do galego nas escolas.
Antonio Veiga, vicepresidente da institución provincial, pide unha asistencia masiva a esta manifestación “para amosar o rexeitamento ao decreto plurilingüista da Xunta de Galiza e ao proxecto de lei de educación e ordenación universitaria do ministro Wert en canto ambas normas atacan directamente ao galego, lingua que nos diferenza e, ao mesmo tempo, nos caracteriza como pobo, e procuran unha educación elitista e sectaria”.
“Dende a chegada do presidente Feijóo ao Goberno galego -continúa Veiga- a Xunta abdicou das súas competencias na defensa do idioma e da cultura do país, convertendo a lingua nun motivo de conflito, até o punto de que existen seis sentenzas xudiciais que declaran a ilegalidade do núcleo do decreto do plurilingüismo”. Neste senso, reclama ao Partido Popular que “retome a senda do entendemento e volva á liña do consenso lingüístico que nunca debeu abandonar, a mesma que durante décadas propiciou a súa formación política”.
Dende a Vicepresidencia da Deputación lucense insístese en que os rapaces e rapazas do país deben poder desenvolver as súas competencias no seu idioma e en que, polo tanto, o galego debe estar presente en todas as etapas educativas para o cal so hai un camiño que é a derrogación do decreto; aseguran, tamén, que “mentres Feijóo non crea en Galiza, nas súas potencialidades, na súa historia, na súa lingua e na súa cultura, non poderá traballar a favor do desenvolvemento económico e social do país”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



