O ALCALDE DE O VALADOURO PIDE EXPLICACIÓNS PÚBLICAS DE POR QUÉ A ASOCIACIÓN CULTURAL AMADO LAR SE NEGA Á ORGANIZACIÓN DO ENTROIDO 2013
Desde os inicios da Asociación Cultural Amado Lar, alá polo ano 1986, foi a encargada de organizar diversos eventos culturais dentro da vida social e cultural do concello, entre eles, o entroido. Houbo un parón no ano 2006 e volveu a retomar a organización da actividade no ano 2009 acollendo, en cada ocasión, máis relevancia e cantidade de nenos e maiores participantes no desfile que partía da Praza de Santa María e chegaba ata o Pavillón polideportivo de Valadouro. Nesta última etapa colaboraba o concello activa e economicamente co acto.
De súpeto, atopámonos, que este ano a directiva da asociación cultural non organiza esta edición de entroido deixando sen explicacións públicas ós veciños e veciñas de O Valadouro de cal é o motivo real polo que este ano se nega á organización do evento. Desde a alcaldía, pido que explique, a directiva, se solo é este ano de parón ou vai a ser un ano si e outro non ou solo cando se antolle….
Esta situación creou moito malestar entre os veciños e veciñas de O Valadouro. Polo que despois dunha reunión mantida entre o alcalde do concello de O Valadouro, don José Manuel Lamela Piñeiro, e numerosos pais e nais de nenos do Valadouro chegouse (ante a imposibilidade de organizar un desfile de entroido como se viña facendo nos últimos anos) ó acordo de organizar un baile de disfraces para todos os nenos e nenas. A actividade vai a ter lugar o vindeiro 10 de Febreiro de 2012 a partir das 17:00 horas no pavillón polideportivo municipal de Ferreira, onde os nenos van poder xogar e disfrutar con xogos e inchables.
Sen máis, convidar a todos os veciños a participar do entroido da que se agradece a súa colaboración e pedir que a directiva da Asociación Cultural Amado Lar de O Valadouro que explique publicamente nos medios cal é o motivo polo que este se nega á organización do evento, cando á asociación esta actividade apenas lle supuña desembolso económico.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



