BALSEIRO INSTA Á XUNTA A ELABORAR UN PROGRAMA DE IMPULSO DO TURISMO MARIÑEIRO A TRAVÉS DA POSTA EN VALOR DE TRES ASPECTOS: O PATRIMONIAL, A PESCA DEPORTIVA E OS DEPORTES NÁUTICOS
Barreiros, 6 de febreiro de 2013.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular e Secretario do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro Orol, presentou no día de hoxe ante representantes dos principais axentes do sector pesqueiro da Mariña lucense unha iniciativa parlamentaria coa que pretende instar á Xunta de Galicia a elaborar un programa de impulso do turismo mariñeiro.
Balseiro sinala que o camiño a seguir neste ámbito pasa pola potenciación de tres aspectos: Primeiro,a posta en valor dos recursos patrimoniais e culturais do mar en Galicia, segundo, a integración da pesca deportiva en compatibilidade coa actividade extractiva profesional e finalmente, a potenciación das actividades náuticas.
No encontro participaron patróns maiores das confrarías de pescadores lucenses e represantes das directivas dos principais Clubs Náuticos da comarca, que puideron realizar as súas achegas e suxestións para o impulso do turismo mariñeiro, cada quen no seu ámbito de influencia.
Tamén estiveron presentes no encontro o deputado popular Vidal Martínez-Sierra, a portavoz na Deputación provincial, Elena Candia e os alcaldes de Foz e Barreiros, Javier Jorge Castiñeira e Alfonso Fuente.
Balseiro explicoulles que a proposta do PPdeG busca a creación dunha comisión mixta que se integre de forma activa na redacción e posterior execución desta plan e na que, polo menos, participen: a Secretaría Xeral de Deportes, a Secretaría Xeral de Turismo e os departamentos que correspondan dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar (entre eles Portos de Galicia) e tendo en conta a transversalidade dos programas a desenvolver.
EFECTIVO NA LOITA CONTRA A CRISE
O Grupo Parlamentario Popular defende que resulta imprescindible aproveitar todo o potencial que para o turismo ten o mar, desenvolvendo a súa faceta cultural e etnográfica e potenciando a visión do medio mariño como punto de desenvolvemento de actividades de lecer e, de xeito especial agora que, a situación de crise obriga e esixe dos poderes públicos a adopción de medidas efectivas e eficientes que axuden a paliar os seus efectos e a reducir o desemprego.
REFERENTE TURÍSTICO DE PRIMEIRA ORDE
Balseiro Orol quixo lembrar que en Galicia a amplitude dos labores relacionados co mar deixaron un amplo pouso patrimonial e cultural, alén dun ronsel etnográfico que se converte hoxe en día nun referente e atractivo turístico de primeira orde.
“Poñer en valor o inxente volume de recursos patrimoniais, etnográficos, paisaxísticos e biolóxicos, pode servir de complemento ideal á actividade económica marítimo–pesqueira e incluso, constituír unha fonte de ingresos suplementaria para os profesionais do mar, para as entidades asociativas do sector e tamén para as localidades costeiras”- indicou.
Neste mesma liña, o deputado sinala que “o desenvolvemento de actividades de ocio e lecer no medio mariño son outro elemento de dinamización e complementación económica a ter en conta”. No tocante aos deportes náuticos xa existe un ambicioso proxecto que serve como folla de ruta, a través do Plan Estratéxico da Náutica Recreativa de Galicia 2012-2020. E no relativo á pesca deportiva cómpre desenvolver un corpo normativo específico para esta actividade, velando pola sustentabilidade e compatibilidade coa actividade profesional.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



