A Asociación Conde Santo de Lourenzá celebrará o vindeiro luns 11 de febreiro unha gran festa de Entroido no mercado gandeiro da localidade baixo a temática dos contos ÉRASE UNHA VEZ… será o lema principal desa tarde-noite que contará coa decoración dun abanico de figurras feitas á man representando distintos contos.
A festa comezará as cinco da tarde con animación infantil e chocolate gratuíto.
Unha vez rematada a festa infantil, e tras un pequeno descanso, as portas abriranse de novo a partir das das dez da noite para dar paso á festa de adultos e ó desfile. A partir das once actuará o Trío Mayel. Poderase desfilar, a partir das once e media, individualmente, por parella ou en grupo. Os premios cos que se dotarán ós gañadores, que non teñen porque disfrazarse acorde coa temática da festa, serán: 30 euros na categoría individual, 60 á parella, 120 ó grupo e 30 euros ao máis gracioso.
As entradas para a festa de adultos, onde se sorteráunha cesta con produto típicos do carnaval, poderanse comprar por 3 euros (venda anticipada) ata o luns 11 as dúas da tarde en calquera dos bares de Lourenzá, o prezo en taquilla nesa mesma noite será de 5 euros. A sesión infantil será totalmente gratuíta para nenos e acompañantes.






















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



