Este sábado 9 de febreiro vai ser o Día Grande do Antroido 2013 en Xove, cun amplo programa de actividades que arrincarán as tres da tarde ata as catro e media na nave almacén do Concello, no lugar onde vai comezar o Desfile de Antroido, onde se poderán inscribir as persoas que queiran participar no Desfile e que aínda non o fixeran.
Ás catro dará comezo a actuación do Grupo Batucada “ÁXÉ” de Guntín percorrendo as rúas de Xove animando á xente a participar no Antroido e no Desfile.
Ás cinco dará comezo o Desfile que será aberto polo Grupo Batucada Áxé e a continuación desfilarán seguindo esta orde: individual nenos, individual nenas, individual adultos, parellas, grupos de 3 a 9 persoas, comparsas e grupos de 10 ou máis persoas e carrozas. O Desfile pasará pola rúa Acceso Grupo Escolar, Avenida Deputación, Rúa Doutor Baamonde Illade, Camiño Real e chegada ao Pavillón de Deportes do Centro Cívico.
Despois das seis e media e ata as oito media, despois de rematar o Desfile, no Pavillón Municipal de Deportes haberá un Baile Infantil de Disfraces coa Discoteca Móbil Blanco y Negro, con entrada libre e gratuíta. No intermedio do Baile Infantil, farase entrega dos premios do Desfile en categoría individual nenos e individual nenas, e tamén aos gañadores e gañadoras do Concurso de Caretas da Biblioteca Municipal de Xove.
A orquestra Tekila amenizará o Baile de Disfraces no Pavillón de Deportes a partir das once menos cuarto da noite con entrada libre e gratuíta. Nun intermedio do Baile, farase entrega dos premios do Desfile de Antroido.
Por último, dende o Concello invitan a tódalas persoas do noso concello e visitantes e veciños de toda a Mariña a vir e desfrutar do noso Antroido.
Recordatorio
Dende o Concello emitiron un aviso a tódolos veciños e veciñas de Xove, solicitando a súa colaboración para mellorar a seguridade no desenvolvemento do desfile de Antroido. Neste sentido, solicitouse NON APARCAR na marxe dereita da estrada (Avenida Deputación) en sentido Viveiro, dende o primeiro semáforo (cruce coa rúa Acceso Grupo Escolar, onde está a Pizzería New Burguer) ata o seguinte semáforo (cruce coa rúa Doutor Baamonde Illade, onde está o Bar A Esquina).
Con isto preténdese que tódolos participantes no Desfile, os que vaian no mesmo Desfile (en especial os nenos e nenas) e tódolos espectadores desfruten de máxima seguridade.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



