A parroquia de San Román celebra, como xa vén sendo habitual, a súa festa de Entroido, que inclúe un baile de disfraces coa orquestra Garibaldi, desfile e concurso. O evento terá lugar o sábado día 16 de febreiro a partir das 22:30 horas no pavillón de San Román de Vilaestrofe. O programa do Entroido foi presentado hoxe pola edil de Xuventude, Yolanda Pedreira, a de Igualdade, Pilar Armada e pola presidenta da Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras, Inés Cobas, entidade que organiza esta actividade na que colabora o Concello de Cervo, a Fundación Alcoa e a Asociación de montes veciñais.
O Entroido de San Román é unha tradición en Cervo á que acude numeroso público. Os premios tamén son un bo reclamo, e nesta ocasión vanse repartir 1.240 euros en total entre as categorías de individual, parellas e grupos no caso dos infantís, mentres nos adultos existen estas mesma categorías así como a de charangas instrumentais e comparsas formadas por máis de 10 persas.
A contía dos premios varía segundo as categorías, de forma que as que se refiren a grupos máis numerosos optan a máis importe. Tamén se tivo en conta á hora de repartir as contías dos premios o aspecto animador e dinamizador das comparsas e das charangas.
Dende o Concello convidan a “todas as persoas que desexen vivir unha noite de Entroido a que se acheguen ata San Román, tanto se queren participar no desfile e disfrazarse como se prefiren acudir a gozar do ambiente festivo que se consegue crear todos os anos” asegura a edil de Xuventude.










O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



