PARA O ALCALDE DE FOZ O IMPORTANTE É QUE O HOSPITAL DA COSTA SIGA MELLORANDO OS SERVIZOS QUE PRESTA E QUE AS SÚAS INSTALACIÓNS SEXAN AMPLIADAS.
Foz, 26 de febreiro de 2013. Ante as peticións de valoracións sobre o futuro da sanidade pública na Mariña que lle fixeron hoxe varios medios de comunicación o alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, manifesta que o máis importante é que o Hospital da Costa siga mellorando os servizos que presta e que as súas instalacións sexan ampliadas.
Castiñeira explicou que o goberno municipal focense “non ten ningún tipo de comunicación, nin interna nin oficial nin externa, por parte da Xunta de Galicia sobre a xestión integrada das áreas sanitarias. Polo tanto nós non podemos facer ningún tipo de valoración neste sentido e a única noticia que nosoutros temos con respecto ao Hospital da Costa é a intención do goberno de Núñez Feijóo, da Consellería de Sanidade, de elaborar un plan director para ampliar o Hospital da Costa”.
O rexedor local de Foz tamén comentou que “esiximos á Consellería de Sanidade que manteña os servizos e que siga elaborando ese plan director para que nesta lexislatura, tal como se comprometeu, se faga a ampliación do Hospital da Costa”. Tamén lembrou que “xa hai moitos anos que algúns din que o hospital vai pechar, que nos van quitar servizos; en cambio estamos vendo que é o contrario: estanse ampliando servizos, estanse facendo obras no Hospital da Costa e estase elaborando un plan director para a súa ampliación”.
Por todo isto Javier Castiñeira dixo que “a tranquilidade é absoluta neste sentido. O máis importante para a sanidade focense agora mesmo é que para o Hospital da Costa se contemple unha ampliación, como así se está a facer, e do resto pediremos información sobre o que significa esa area sanitaria conxunta e cales son os pros e as contras”.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



