Lugo, 27 de febreiro de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, subliñou hoxe que o total dos accidentes laborais rexistrados en Galicia descendeu en máis dun 53% nos últimos catro anos.
No eido da construción, desde o ano 2008 ata a actualidade, os accidentes descenderon nun 68%, unha baixada que tamén se reflicte nos índices de incidencia, aqueles que sinalan o número de accidentes por cada 10.000 traballadores. De feito, entre 2008 y 2012 dito índice diminuíu nun 43%.
Arias foi a encargada de clausurar a xornada ‘Accidentes laborais no proceso edificatorio’ e destacou que a prevención de riscos laborais é unha materia de gran importancia para o departamento autonómico, o que se traduce nun pronunciado descenso dos accidentes laborais. Para a máxima representante do Executivo galego na provincia constitúe “un logro conxunto, que estamos a conseguir entre todos: empresas, traballadores, axentes sociais e administracións”.
Arias apuntou que a mellora neste eido contribúe a que as empresas poidan mellorar a súa eficiencia e rendibilidade mediante a redución dos accidentes laborais, o aumento da produtividade e a satisfacción dos traballadores.
No sector da construción a aplicación da prevención de riscos laborais cobra aínda máis relevancia debido á perigosidade que vai aparellada ao seu desenvolvemento, por iso o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) inclúe cada ano na súa programación accións específicas e actividades de colaboración e asesoramento ás empresas de construción.
Entre elas destaca o programa Cassco, de asesoramento técnico a pequenas empresas, que a Consellería de Traballo e Benestar está a desenvolver en colaboración coa Fundación Laboral da Construción. Esta iniciativa ten permitido o seguimento da prevención en 1.500 obras de edificación desde a súa posta en marcha en 2009.
Así mesmo, o programa de Grandes Obras consiste na supervisión e o asesoramento en prevención das principais obras civís de Galicia. Só en 2012 esta iniciativa incluíu actuacións sobre máis de 500 empresas. En concreto, na provincia de Lugo incluíu os traballos na autoestrada do Cantábrico (A-8), a autoestrada Lugo-Santiago (A-54), a estrada Sarria-Monforte, o vía de alta capacidade da Costa Norte, as obras do AVE no seu tramo de Láncara, e a rehabilitación do poboado Os Peares. E no 2013 seguirase supervisando estas obras, e ademais incluirase a construción do auditorio de Lugo.
Ademais, no último ano un total de 70 empresas déronse de alta no Rexistro de Empresas con Risco de Amianto (RERA) e 289 plans recibiron a aprobación dos seus plans de traballo por parte da Consellería, garantindo así a seguridade dos traballadores cando o seu labor é susceptible de expoñerlles a fibras de amianto.
Por último, actualmente hai 16.152 empresas no rexistro de empresas acreditadas no sector da construción en Galicia, que ten como misión manter un control das empresas que pretendan ser contratadas ou subcontratadas en Galicia para traballos en obras de construción, para o que teñen que aportar a súa organización preventiva.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



